Fröbel Froebel
Institución creada seguindo o modelo fröbeliano de espacio-escola e impulsada en España polos institucionistas, rexeneracionistas e liberais. A finais do s XIX xurdiron en Madrid os xardíns de infancia, inspirados no sistema educativo de F. W. A. Fröbel. En Galicia destaca a creación do colexio laico Fröbel de primeiro ensino non oficial, na cidade da Coruña, patrocinado pola sociedade La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. En Pontevedra, a comezos da década de 1880, dous mestres, Enrique García e Manuel Martínez, discípulos do institucionista Federico Sáiz Sánchez, puxeron en marcha unha escola Fröbel, na Casa do Barón. En 1910, o concello de Pontevedra, coa mediación do alcalde Francisco Xavier Puig, cedeulle ao Estado un terreo para a construción dunha escola de párvulos sistema Fröbel. Coa Guerra Civil, o edificio destinouse a cuartel militar. A partir de 1944 converteuse en Grupo Escolar con seis graos e en 2002 acolle o CEIP Fröbel.