"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que se opón ao uso da enerxía ou das armas nucleares.
-
Todo aquilo que se relaciona coa defensa ou protección contra os efectos das radiacións nucleares. Comprende dende a construción de refuxios antiatómicos ata a protección do corpo con vestidos e máscaras especiais. Despois dunha explosión nuclear pódese detectar a presenza de actividade residual e proceder á súa descontaminación. As doses de radioactividade recibida están controladas por contadores Geiger.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula do nucleón.
-
PERSOEIRO
Rei de Siria (280-261). Fillo de Seleuco I, dedicouse a consolidar o reino herdado e fomentou o carácter divino da realeza. Fíxose chamar Soter (Swthr ‘Salvador’).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (261-246). Sucedeu ao seu pai Antíoco I. Tomou como segundo nome Teos (Theós < ϴ εός ‘Deus’), continuando coa tradición do carácter divino da monarquía que seu pai instaurara. Asinou un tratado contra o Exipto con Macedonia que non puido cumprir por morrer pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (223-187). Fillo de Seleuco II, irmán e sucesor de Seleuco III. Ao comezar o seu reinado atopouse cun estado revolto e desfeito. Dirixiu persoalmente o goberno e o mando do exército e dominou Exipto, Bactriana, India e Partia, logo adoptou o título de Gran Rei, a semellanza dos emperadores persas. Coa axuda de Aníbal, que vivía na súa corte, enfrontouse a Roma, pero foi vencido en Grecia e tivo que asinar a Paz de Apamea, pola que renunciaba a todos os territorios ao O do Tauro e impoñíaselle un forte tributo. Isto levouno a saquear os tesouros dos templos, motivo polo que foi asasinado en Persia, preto de Susa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (175-164). Fillo de Antíoco III, sucedeu a Seleuco IV. Os seus esforzos por helenizar o Oriente coa colonización de gregos en Xerusalén, Tarso e Ecbátana enfrontárono aos seus súbditos (revolta dos macabeos e liberación de Xerusalén).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (139 -129). Irmán de Demetrio II, tomou Xerusalén e aceptou a Xoán Hirca como Gran Sacerdote. Levou as súas tropas ata Mesopotamia e Media, onde morreu combatendo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Antioquía.
-
Natural ou habitante de Antioquía.
-
-
CAPITAIS
Capital do il de Hatay, Turquía, próxima ao río Orontes (137.200 h [1995]). Centro administrativo, comercial e agrícola dunha fértil área. Cidade da antiga Siria, fundada cara ao 301 a C por Seleuco Nicátor en memoria do seu pai Antíoco. A súa época de apoxeo foi o helenismo, particularmente durante o reinado de Antíoco III (242-187 a C). Cando Siria pasou a ser provincia romana (64 a C) foi o lugar de residencia do gobernador da provincia. Durante a época imperial romana mantivo unha grande importancia estratéxica, administrativa e económica, sendo un dos eixes do comercio con oriente xunto a Palmira, Damasco e Petra. Adriano embeleceuna con diversidade de monumentos e Diocleciano fíxoa sede dunha das dióceses de Oriente. Foi un dos primeiros e principais centros cristiáns (Patriarcado de Antioquía). Ocupada e destruída polo Emperador persa Cosroes I (538), AntioquÍa foi reconstruída por Xustiniano e chamada dende aquela Teópole. Conquistada...
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (63.612 km2; 4.919.619 h [1993]). A capital é Medellín. Situado á beira do mar Caribe, limita ao N co mar, ao L cos departamentos de Santander e Boyacá, ao S con Caldas e ao O con Chocó. O clima vese afectado pola circulación das masas de aire procedentes dos Océanos Atlántico e Pacífico, e os seus rexistros térmicos e pluviométricos vanse atenuando en función do factor altitude a medida que se penetra no interior. As elevadas precipitacións e a súa baixa latitude permiten o desenvolvemento dunha vexetación de selva húmida ecuatorial nos vales dos grandes ríos. Litoloxicamente amosa gran diversidade; está dominado por un gran batolito metamórfico de orixe precámbrica e paleozoica, e cun sector occidental composto por rocas sedimentarias e ígneas do mesozoico, outra meridional de rochas volcánicas, e depósitos cenozoicos nos vales fluviais. Dúas cordilleiras, a Central e a Occidental, atravesan o estado en dirección N-S. Ata a chegada dos españois durante...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Pisidia, coñecida tamén polo nome latino de Cesarea, situada nos límites de Pisidia e Frixia. Fundada en tempos dos seleúcidas, os romanos anexionárona ao Reino de Pérgamo e convertérona en colonia co nome de Cesarea. Consérvanse parte das ruínas preto da actual Yalvaç.
-
CIDADES
Cidade mítica da Antigüidade fundada por Antíoco, asolagada por encantamento baixo a lagoa de Antela, na Limia. Podíanse oír as súas campás certas noites do ano, como a de san Xoán, Nadal e Epifanía. Segundo a tradición, a baixada no nivel das augas da lagoa deixaba ver as torres da cidade que se comunicarían cos castelos de Sandiás e A Pena a través dun subterráneo que gardaba tesouros agochados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición das cabezas das igrexas Siríaca Católica (residente en Beirut), Melquita Católica e Maronita (residentes en Bekoš, no Líbano), Melquita Bizantina (residente en Damasco) e Siríaca Xacobita (da que depende o katholikós de Malancar, India). A primeira comunidade cristiá de Antioquía foi confiada ao apóstolo Bernabeu, quen no ano 42 ou 43 chamou a san Paulo para a misión apostólica. Segundo os Feitos dos Apóstolos, foi alá onde os discípulos de Cristo se denominaron por primeira vez “cristiáns”, e a procedencia pagá da maior parte deles enfrontounos á tendencia xudaizante dos procedentes do pobo xudeu. Consecuencia desta situación foi o Concilio de Xerusalén e o enfrontamento dos apóstolos Pedro e Paulo nesta cidade, provocado pola actitude compracente de Pedro cara aos ritos e ás prácticas dos xudaizantes. A tradición considera o apóstolo Pedro como iniciador do episcopado na cidade, o que conferiu aos seus bispos a hexemonía relixiosa sobre toda a...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado latino fundado no 1098, a raíz da Primeira Cruzada, por Boemundo I, príncipe de Tarento. A súa obra foi completada e consolidada polo seu neto Tancredo. O Principado estendíase ao longo duns 200 km de costa, dende o norte de Alexandreta ata o sur de Bâniyâs; ao sueste incluía Apames e Maaret en Naamân e, a certa distancia de Alepo, alcanzaba os límites do condado de Edesa. Independente de dereito, aceptou someterse a Bizancio en vasalaxe. Saladino (morto no 1193) apoderouse da maior parte do seu territorio. A súa existencia rematou con Baybars, quen se apoderou da cidade de Antioquía no 1268, en tempos de Boemundo VI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado aos antioxidantes por Moureau e Dufraisse, xa que foron os primeiros en efectuar o seu estudo sistemático.
-
-
Que evita ou combate a oxidación.
-
Calquera composto que, engadido a unha substancia autooxidable, retarda ou inhibe a súa oxidación autocatílica ou autooxidación, producida polo osíxeno molecular da atmosfera a temperatura ambiente ou a temperaturas pouco elevadas. Son activos a baixas concentracións e con frecuencia son suficientes poucas partes por millón para inhibir a oxidación durante longos períodos. Co paso do tempo, sen embargo, o antioxidante acaba por consumirse e prodúcese a oxidación. Quimicamente os antioxidantes son moi diversos. Os tipos máis importantes son: as aminas aromáticas, os polifenois, alquifenois e amonifenois, e os compostos orgánicos de xofre. As súas aplicacións técnicas máis importantes son a protección do caucho, da gasolina e doutros derivados do petróleo, dos aceites e das graxas -comestibles ou non-, e dos plásticos (as súas propiedades mecánicas e eléctricas empeoran rapidamente ao oxidarse). No caso dos aceites e graxas alimentarias existe un estricto control sobre as substancias que...
-
Calquera substancia dotada de propiedades antioxidantes presente en produtos orgánicos naturais. Os máis potentes son os tocoferois, as lecitinas, o ácido ascórbico e os taninos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás substancias utilizadas para reducir ou evitar a enérxica acción oxidante do ozono. Empréganse, sobre todo, para protexer o caucho natural ou sintético, e consisten en ceras de petróleo que actúan fisicamente formando unha película protectora.
-
-
Que evita ou combate o paludismo ou a malaria.
-
Medicamento ou axente que combate o paludismo. O tratamento inclúe dous tipos de fármacos: os esquizonticidas sanguíneos, que actúan sobre o parasito no interior dos eritrocitos, e os esquizonticidas hísticos, que destrúen o parasito no interior dos tecidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo aos dispositivos instalados nas portas de emerxencia dos locais públicos que, ao ser empurradas pola multitude amoreada diante da saída nun momento de pánico, descravan a tranca e permiten que as portas se abran totalmente cara a fóra. Xeralmente constan dunha barra atravesada a media altura diante da porta, que ao ser empurrada bascula sobre os seus extremos e acciona o mecanismo de apertura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se atribúe a autoridade propia do Papa mediante medidas irregulares, e que chega a ser competidor do lexítimo Papa.