Antioquía

Antioquía

Cidade mítica da Antigüidade fundada por Antíoco, asolagada por encantamento baixo a lagoa de Antela, na Limia. Podíanse oír as súas campás certas noites do ano, como a de san Xoán, Nadal e Epifanía. Segundo a tradición, a baixada no nivel das augas da lagoa deixaba ver as torres da cidade que se comunicarían cos castelos de Sandiás e A Pena a través dun subterráneo que gardaba tesouros agochados.