Antioquía
Antioquía
Antiga cidade de Pisidia, coñecida tamén polo nome latino de Cesarea, situada nos límites de Pisidia e Frixia. Fundada en tempos dos seleúcidas, os romanos anexionárona ao Reino de Pérgamo e convertérona en colonia co nome de Cesarea. Consérvanse parte das ruínas preto da actual Yalvaç.
Frases feitas
-
Isto semella Antioquía. Sinónimo de moita actividade, especialmente acompañada de barullo.