"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Especialista en topografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, situada no golfo de Nápoles e ao pé do Vesuvio (90.255 h [2001]). A súa economía baséase na industria alimentaria e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Lleida, Catalunya (2.161 h [2001]). Ten cultivos de cereais, oliveiras, amendoeiras, árbores froiteiras e actividades derivadas do sector primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.838 h [2001]). Destacan os cultivos de árbores froiteiras, cereais e forraxe. Ten importancia a cría de gando e o avecío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (8.244 h [2001]). Destacan os cultivos de cereais, árbores froiteiras, hortalizas, trigo, millo, oliveiras, vide e arroz. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura, a de maquinaria agrícola, e a de construción. A tradicional actividade pesqueira perdeu importancia diante do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confederación sindical británica creada en 1868 en Manchester. Inicialmente eran sindicatos de obreiros cualificados agrupados por oficios (vello unionismo). Comezaron a ter importancia a partir de mediados do s XIX, despois de obter a liberdade de asociación e tras o fracaso do cartismo. A partir de 1885 comezou a coller forza o novo unionismo, que agrupaba obreiros con pouca ou ningunha cualificación sobre a base da industria e non a do oficio. En 1906 xurdiu o Labour Party como expresión política das Trade Unions.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infrinxir unha lei, un precepto, unha orde ou unha obriga prestablecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transgredir.

    2. Expansión do mar en relación ás terras emerxidas, provocada pola epiroxénese, debida a un ascenso xeneralizado do nivel do mar ou por ambos os dous movementos á vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen transgride.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transmigrar.

    2. Paso da alma de quen está morto a outro corpo humano, animal ou vexetal, segundo a doutrina da metempsicose. Fundamento da palinxenesia do universo segundo os pitagóricos, para os estoicos só era unha consecuencia dela. Tamén se denomina transmigración das almas.

    3. Cambio de lugar, especialmente o que se refire ao paso dun óvulo dun ovario á trompa do outro lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar un pobo do país que habitaba a outro.

    2. Sufrir a alma unha transmigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Migración dos bóers desde a colonia do Cabo cara ao interior do país (1834-1839), provocada polos conflitos coas autoridades británicas. Os bóers someteron os zulús e fundaron os estados autónomos de Natal, Orange e Transvaal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de asteroides que teñen órbitas semellantes á de Xúpiter e que están situados arredor de dous puntos, os que, unidos con Xúpiter e o Sol, forman dous triángulos que teñen un lado común. O primeiro asteroide do grupo foi descuberto en 1906 por Max Wolf. Foron bautizados co nome de heroes da guerra de Troia, de onde vén o nome de grupo Troiano ou dos troianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que se basea nunha gravación gráfica automática que permite recoller os cambios de forza elástica do sangue durante o proceso da coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para practicar a tromboelastografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea das provincias unidas de Río de La Plata celebrada en 1816 que promulgou a independencia arxentina e a primeira constitución. Non estiveron representados nin Paraguay nin as provincias de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe, Misiones e a Banda Oriental, feito que provocou que triunfase o obxectivo das provincias unidas baixo a hexemonía do porto de Bos Aires e a á conservadora dos patriotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Togrïl Beg.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo tungro.

    2. Individuo do pobo tungro.

    3. Pobo xermánico establecido na parte da Galia que corresponde a actual Bélxica despois de que César exterminase aos eburóns (53-51 a C). O seu país foi moi pouco romanizado. O seu centro estaba en Tongres, antiga Aduatuca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político ucraíno. Ministro de Instrución Pública no seu país (1944-1948), é autor de Plug (O arado, 1920), canto á loita heroica dos obreiros e dos campesiños ucraínos. A construción socialista é o tema de Veter s Ukrainy (Vento de Ucraína, 1924) e o internacionalismo proletario o de Čuvstvo sem’i jedinoj (O sentimento de ser unha soa familia, 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO