"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación de equivalencia entre dúas liñas antiparalelas.
-
-
Dise de dúas liñas rectas non paralelas que cortan os dous lados dun ángulo, de xeito que o ángulo que forma unha delas cun dos lados do ángulo é igual ao que forma a outra co outro lado do ángulo.
-
Refírese aos vectores que van na mesma dirección, pero en sentidos opostos.
-
-
-
Que actúa contra os parasitos.
-
Axente que combate calquera tipo de parasito, como os praguicidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos dispositivos que serven para eliminar ou reducir os efectos dos parasitos que dificultan a recepción dos sinais radioeléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Defensa irónica das características negativas dunha persoa ou dos seus feitos mediante recursos da oratoria; en ocasións tamén mostra características tanto positivas como negativas.
-
-
Que combate a enfermidade de Párkinson.
-
Axente que combate a enfermidade do Párkinson. Os fármacos antiparkinsonianos baséanse no feito de que o transtorno bioquímico fundamental desta enfermidade é un déficit de dopamina nos ganglios basais, o que produce un exceso relativo de acetilcolina. A levodopa, precursora da dopamina, é o fármaco de elección, xeralmente asociado a un inhibidor da dopadescarboxilasa. Outros fármacos utilizados son os anticolinérxicos, selexilina, amantadina, bromocriptina, lisurida e pergolida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é contrario ao sistema parlamentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión aos usos, institucións, etc, propios do sistema parlamentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula de características contrarias ás da materia. Cada partícula ten a súa antipartícula, agás algunhas que o son de si mesmas. A partícula e a antipartícula teñen a mesma masa, spin, isospin e vida media, pero diferente signo de carga eléctrica, do compoñente T3 do isospin e dos números cuánticos de rareza, bariónico ou leptónico. As antipartículas denomínanse engadíndolle o prefixo anti- ao nome da partícula correspondente, agás a antipartícula do electrón, chamada positrón. Cando unha antipartícula atopa a súa partícula desaparecen ambas por aniquilación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herodes Antipas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé da métrica grega e latina formado por dúas sílabas longas entre dúas breves.
-
-
Que pertence á orde dos antipatarios.
-
Celenterado da orde dos antipatarios.
-
Orde de zoantarios, formado por pólipos pequenos, con seis tentáculos, que viven en colonias. As colonias poden acadar grandes dimensións e soen ser arborescentes, de aspecto semellante ás gorgonias. Habitan en augas profundas nos Océanos Índico, Pacífico e Atlántico, e tamén noutros mares. Os representantes deste grupo reciben o nome de coral negro.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral de Filipo de Macedonia. Foi rexente de Macedonia durante as expedicións orientais de Alexandre o Grande, fillo de Filipo. Trala morte de Alexandre (323) mantivo a idea do Imperio; aliouse con Ptolomeo e fíxose proclamar rexente pola asemblea do exército. A súa morte representou o sinal de desbandada para o resto dos xenerais alexandrinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sentimento de rexeitamento ou aversión cara a algo cara algo ou alguén.
-
Calidade de antipático.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que excita ou causa antipatía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquel que nega ou se opón ao concepto de patria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou aquel que é contrario ao patriotismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario aos principios da pedagoxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtos que se engaden aos vernices e ás pinturas para evitar que se formen, por oxidación, teas máis ou menos espesas na súa superficie mentres permanecen no interior dos recipientes durante o almacenamento. Como antipeles utilízanse, ben antioxidantes (os máis empregados), ben certos solventes capaces de dispersar os produtos moi polimerizados.
-
-
Táboas ou relevos situados na parte frontal e lateral dun altar que o recobren para que non sexa visto polos fieis; así mesmo, se a parte posterior do altar quedaba á súa vista tamén debía recubrirse. O veo que antigamente cubría o altar, foi substituído por táboas pintadas, repuxadas ou esculpidas a partir do s V, como aparece xa en Santa Sofía de Constantinopla. No gótico substituíronse os antipendios fixos por tapices corredíos. A partir do s XVIII desapareceu o antipendio dos altares, ocupando o seu lugar un bastidor de madeira adornado con teas de seda ou lenzos pintados, que son máis doados de cambiar segundo a cor indicada pola liturxia.
-
eo ou tapiz de teas preciosas que tapaba a parte dianteira do altar situada entre a mesa e o chan.
-