antipatario -ria

antipatario -ria
  1. adx

    Que pertence á orde dos antipatarios.

  2. s m [ANIMAL]

    Celenterado da orde dos antipatarios.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de zoantarios, formado por pólipos pequenos, con seis tentáculos, que viven en colonias. As colonias poden acadar grandes dimensións e soen ser arborescentes, de aspecto semellante ás gorgonias. Habitan en augas profundas nos Océanos Índico, Pacífico e Atlántico, e tamén noutros mares. Os representantes deste grupo reciben o nome de coral negro.

Palabras veciñas

antipartícula | Antipas | antipasto | antipatario -ria | Antípater | antipatía | antipático -ca