antipartícula
antipartícula
(
s
f
[FÍS]
Partícula de características contrarias ás da materia. Cada partícula ten a súa antipartícula, agás algunhas que o son de si mesmas. A partícula e a antipartícula teñen a mesma masa, spin, isospin e vida media, pero diferente signo de carga eléctrica, do compoñente T3 do isospin e dos números cuánticos de rareza, bariónico ou leptónico. As antipartículas denomínanse engadíndolle o prefixo anti- ao nome da partícula correspondente, agás a antipartícula do electrón, chamada positrón. Cando unha antipartícula atopa a súa partícula desaparecen ambas por aniquilación.