"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático mexicano. Seguidor da liña política de Madero, emigrou a Cuba perseguido polo seu sucesor Victoriano Huerta. De regreso a México, foi elixido deputado (1928-1930) e desempeñou diversas misións diplomáticas. Gran estudoso da cultura e da literatura maias, da súa obra destacan La tierra del faisán y del venado (1922), El libro del Chilam Balam de Chumayel (1930) e Introdución al estudo de la lengua maya (1943). Foi membro da Academia Mexicana de la Lengua (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista alemán. Descubriu as glándulas de Meibomio e estudiou os tumores que se producen nestas glándulas como consecuencia dunha inflamación crónica. A súa obra máis importante é De vasis palpebrarum novis epistolae (1666).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral. Produce unha secreción especial que, ao secar, constitúe as lagañas. OBS: Tamén se denomina glándula palpebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Victoria, Australia, a segunda cidade do país e situada na ribeira norte da baía de Port Phillip, nunha zona subtropical (3.366.542 h [2001]). Fundada en 1835, entre 1901 e 1927 foi a capital do país. Conta con numerosas industrias, entre elas, químicas, aeronáuticas, eléctricas, do papel, conserveiras e de tecidos. Foi sede dos Xogos Olímpicos de 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

       (Perpignan ss XIV - XV) Filósofo xudeu. Coñecido como Bonafós Abraham, redactou un vocabulario de termos filosóficos titulado Miklal y.ofi. As definicións foron tomadas de obras filosóficas hebreas, en especial do Moré Nebukim de Maimónides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de menoscabar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambio ou modificación dunha enfermidade, dos síntomas ou do tratamento.

    2. Figura retórica que consiste en repetir unha idea con termos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencento ao metabolismo.

    2. Mestura de nutrientes enerxéticos que queima un individuo normal en condicións basais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir o metabolismo basal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de reaccións bioquímicas que se producen dentro das células dos seres vivos. Todos os organismos, desde as formas máis simples ata as formas máis complexas, dependen da realización destas reaccións para o mantemento da vida, o seu crecemento e a súa reprodución. O metabolismo pódese dividir en dous grandes grupos de reaccións metabólicas: o anabolismo, con consumo de enerxía e o catabolismo, con liberación de enerxía, ambos os dous conectados entre si por unha complexa rede de interrelacións. Os seus obxectivos son a obtención de enerxía química en forma de ATP, a formación de materia orgánica a partir da enerxía e das moléculas do medio, e a destrución destas moléculas para a obtención de enerxía.

    2. Consumo mínimo de enerxía para manter as actividades metabólicas, que se expresa en calorías/gramo e que se mide nun individuo que se atopa en repouso físico e psíquico, a unha temperatura de 20°C e en xaxún.

    3. Transformación no organismo da enerxía química dos alimentos, en calor, cando o organismo está en repouso e, en traballo e calor, cando o organismo realiza unha actividade muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos compostos químicos que existen nos seres vivos que participan nas reaccións químicas do metabolismo intermediario ou son produto destas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • metabolizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser transformada por procesos metabólicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformar unha substancia noutra máis simple ou máis complexa por medio do metabolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos que sofren mudas ou metamorfoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica das enfermidades que afectan aos procesos metabólicos, especialmente os da nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster de ácido metabórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se obtén ao quentar ácido bórico controladamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de interés bruto do mercado interbancario de Madrid, que se utiliza como referencia en operacións de crédito a xuros variables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi xeneral desde 1971, comandou a división acoirazada Brunete (1974-1978) e asumiu a capitanía xeral da III Rexión Militar (València). Codirixiu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e decretou o estado de excepción na Comunitat Valenciana. Foi arrestado e condenado a 30 anos de prisión e exclusión do exército, e en 1990 foi posto en liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO