Melbourne
Melbourne
Capital do estado de Victoria, Australia, a segunda cidade do país e situada na ribeira norte da baía de Port Phillip, nunha zona subtropical (3.366.542 h [2001]). Fundada en 1835, entre 1901 e 1927 foi a capital do país. Conta con numerosas industrias, entre elas, químicas, aeronáuticas, eléctricas, do papel, conserveiras e de tecidos. Foi sede dos Xogos Olímpicos de 1956.