"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Senado da república de Irlanda. Composto por 60 membros, forma, co Dáil Éireann, cámara de representantes, o Oireachtas ou parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo sementado de trigo, centeo ou outros cereais.

    2. Monte cavado onde se sementa trigo ou centeo durante un ou máis anos e que logo se volve deixar a monte.

    3. Conxunto de parcelas de labradío pertencentes a varios propietarios e pechadas por un valado común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vila (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 940 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Requiás (Muíños). O seu cumio acada os 940 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cerdedelo e Toro (Laza). O seu cumio acada os 960 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Secretario do COAG (1980-1981), colaborou no nacemento da revista Obradoiro. Foi xefe de servizo de Patrimonio Arquitectónico (1983-1991) e director xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura (1991-1993), onde creou o Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Realizou obras de restauración ou rehabilitación do patrimonio arquitectónico como a do mosteiro de Ferreira de Pantón, a Biblioteca do Parlamento de Galicia e o edificio do Valedor do Pobo en Santiago de Compostela. Foi asistente de A. Siza no proxecto e na dirección de obra do CGAC. En obra nova realizou diversos edificios de vivendas e diversas construcións de carácter público como a igrexa de Fontiñas (Santiago de Compostela), o Centro de Saúde de Combarro ou o edificio do C.I.S. da Madeira de Galicia. Membro do Consello da Cultura Galega desde 1998, tamén é membro de ICOMOS desde 1995, na que formou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Lisboa a partir de 1921. Subtitulada “Revista de doutrina e crítica. Publicação semanal”, foi dirixida por António Sérgio e editada por Câmara Reis. Nela colaboraron un gran número de intelectuais como Raul Brandão, Câmara Reis, Jaime Cortesão, Augusto Casimiro ou Raul Proença. De carácter crítico, incluíu noticias, artigos, entrevistas e colaboracións literarias, relacionadas con Galicia. Promoveu actos literarios en Lisboa para dar a coñecer autores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de San Pedro de Mor, capital do concello de Alfoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Carballeira (Nogueira de Ramuín). De dous niveis e planta en forma de U, con patio interior rectangular con solaina en dous dos tres lados. A ala sur remata nunha torre. Conserva unha capela pegada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou unha pintura de impacto visual inspirada en figuras etnográficas, dentro dun expresionismo particular que evolucionou cara á abstracción. Da súa obra destacan Bosque queimado (1987) e Camiño utópico. Futuro (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cerdeira (San Xoán de Río). O seu cumio acada os 940 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cliente habitual dunha taberna, bar ou comercio.

    2. Persoa que sente unha grande afección por un determinado equipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos seársidos.

    2. Peixe da familia dos seársidos.

    3. Familia de peixes osteíctios, da orde dos clupeiformes, á que pertencen os cabezóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa dedicada á fabricación de automóbiles de turismo promovida polo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1949 e fundada en 1950 co nome de Sociedad Española de Automóviles de Turismo SA, coa participación de FIAT e seis bancos nacionais. En crise a partir de 1978, en 1980 o INI asumiu o control total e puxo en marcha un plan de salvamento. En 1982 asinouse un acordo de cooperación con Volkswagen e en 1986 vendeulle o 51% do capital a Volkswagen, que comezou en 1993 un drástico plan de reconversión e reestruturación industrial. En 1999 Volkswagen ampliou o seu capital ao 99,99% do total e a empresa pasou a denominarse SEAT, S.A. En 2002, dentro da nova organización do Grupo Volkswagen, integrouse no Grupo de Marcas de Audi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado do Sueste Asiático

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Washington, EE UU, situada entre o lago de Washington e a baía de Elliot (563.374 h [2000]). De creación moderna (1852), é, desde o punto de vista comercial e industrial, unha das primeiras cidades da costa do Pacífico. Ten refinarías de petróleo, construcións navais, aeronáuticas, industrias químicas, papeleiras e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro masculino situado en Coristanco. Foi posesión da Igrexa de Santiago e en 1515 anexionouse a San Paio de Antealtares e converteuse en priorado feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da secreción das glándulas sebáceas e sudoríficas da pel, principalmente na fronte e na cara. Caracterízase polo aumento desta secreción, acompañado a miúdo de hipertrofia glandular.

    VER O DETALLE DO TERMO