"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Miguel Cervantes Saavedra. A primeira parte apareceu en Madrid a comezos de 1605, e a segunda en 1615, ambas editadas polo libreiro Juan de la Cuesta. O éxito da novela foi inmediato, e xa en 1605 Juan de la Cuesta tivo que publicar unha nova edición da primeira parte, mentres en Lisboa aparecían dúas máis sen autorización. A primeira parte traduciuse ao inglés en 1612, mentres que a obra completa reeditouse en numerosas ocasións en castelán e nas restantes linguas cultas do mundo. O Quixote representa unha parodia dos libros de cabalarías, tan de moda na época, e marca o inicio do seu declive definitivo; ademais, a novela transloce o concepto renacentista e clásico dunha arte literaria nova e moderna. O que nun principio ía ser unha máis das súas coñecidas Novelas Ejemplares, converteuse co tempo nunha inmensa obra, dotada duns recursos temáticos, estilísticos e estruturais sen precedentes. O fidalgo Alonso Quijano vólvese tolo coa lectura dos libros de cabalarías, o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘zume’ ou ‘quilo do intestino’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta leñosa de follas simples, alternas e dentadas, de flores pentámeras e froitos de cinco carpelos esteliformes. Atópase nos Andes chilenos e peruanos. A súa cortiza é un importante sucedáneo do xabón, coñecido co nome de estela de xabón.
-
-
-
Unidade de medida en que se expresa a lei das aliaxes de ouro, definida como cada unha das partes de ouro puro das 24 en que se divide unha aliaxe de ouro. O que ten un mínimo de 18 quilates, denomínase ouro de lei.
-
Unidade de peso que se emprega en xoiaría, equivalente a 0,200 g, que se usa especialmente no comercio de diamantes e pedras preciosas. Divídese en catro grandes e estes en catro cuartos. Tamén se divide en 100 puntos.
-
-
Moeda antiga, co valor de medio diñeiro.
-
Grao de perfección e calidade dunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘nada’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de quilo no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
quil(i/o)-.
-
-
Comandante dun corpo de mil soldados, na antiga Grecia. Referido primeiro á garda real persa dos nobres cabaleiros ou parentes do rei, a palabra traducía os cargos romanos de tribuno e de prefecto da cohorte.
-
Primeiro oficial, despois do rei, dos exércitos persa e macedonio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
milenarismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
milenarista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao vaso linfático que transporta o quilo desde o intestino ata o canal torácico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación do quilo no intestino delgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformar en quilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao quilo.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Foi investigador do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), onde dirixiu o Laboratorio de Fonética Experimental, e desde 1976 foi catedrático de Lingua Castelá na UNED. Experto en fonética e fonología (Fonética y fonología del español, 1963; Fonética acústica de la lengua española, 1981; Tratado de fonología y fonética españolas, 1993), tamén investigou o léxico panhispánico en países de América Latina, en Filipinas, Micronesia e Guinea Ecuatorial. Como froito destes estudos publicou diversas obras e dirixiu, con Manuel Alvar, os traballos do Atlas Lingüístico de Hispanoamérica (1996) e, desde 1992, traballou no Atlas Lingüístico Nacional del Ecuador. Tamén investigou a métrica (Métrica española, 1978), a historia da lingua (Historia de la lengua española, 1987), a historiografía lingüística -especialmente a obra de Antonio Nebrija (Antonio Nebrija: gramática de la lengua castellana, 1980)-,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión inflamatoria dos labios, de orixe traumática, alérxica ou infecciosa.
-
-
-
Peza lonxitudinal metálica ou de madeira que se dispón de proa a popa, na parte inferior do casco, prolongando a proa pola roda e a popa polo codaste, e que pode ser considerada a base de toda a estrutura da embarcación e o seu eixe lonxitudinal.
-
quilla de abaneo
aleta estabilizadora.
-
-
Liña, lámina ou estrutura sobresaínte, xeralmente aguda, semellante á quilla dun barco. Aplícase especialmente á parte sobresaínte do esterno das aves.
-
Conxunto dos dous pétalos inferiores dunha corola papilonácea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das rosáceas, ao que pertence a quilaia.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Discípulo de J. A. Watteau, foi a Lisboa (1729) e nomeárono pintor da corte e membro da Academia de Pintura. Pintou numerosos cadros para o palacio do Duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO