"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Construción situada na Portela (Vilamartín de Valdeorras). Estruturada nunha planta rectangular cun corpo máis elevado nun vértice, o resto do edificio ten dous pisos. Conta cun patio interior cunha galería e ao arredor do patio central xira todo o edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Despois dunha tempada en París utilizou técnicas expresionistas e surrealistas. Nos seus murais e cadros mostrou as duras condicións da vida dos cangaceiros, campesiños, pastores e seringueiros, mediante cores vivas e frescas con liñas limpas. Evolucionou cara ao expresionismo dramático e brutal. Da súa produción destacan O traballo da terra brasileira e Xogos de nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de cemento formado por mesturas de diversos silicatos e aluminatos de calcio, en diversas proporcións, e con pequenas cantidades de ferro e magnesio. OBS: Tamén se denomina cemento pórtland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da costa SL de Inglaterra, situada no canal da Mancha. Ten 26 km de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oregon, EE UU, no Océano Pacífico (529.121 h [2000]). Situada á beira do río Willamette, é o primeiro porto do estado e un centro industrial. Destaca como a primeira cidade do mundo na transformación da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (814 km2; 79.200 [estim 1999]). A súa capital é Port Antonio (13.200 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro e último estadio do Malm, que descansa sobre o Kimmeridxiano e baixo o Berriasiano. O límite superior é dubidoso, por esta razón prefírese o seu equivalente oriental e de facies netamente mariñas, o Titoniano. O estratotipo está nas Portland Sands da illa de Portland (Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Portlandiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocorre despois de comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte estadounidense. Doutorouse en Literatura Castelá en Harvard coa tese Mediaeval Spanish Allegory (1909). Escribiu A History of European and American Sculpture (1924) e A History of Spanish Painting (iniciada en 1930), en catorce volumes, onde compilou exhaustivamente e case por primeira vez a pintura medieval, e parte da renacentista, hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar ruso. Participou na Primeira Guerra Ruso-turca (1768-1774). Foi o favorito de Catarina II de Rusia (1774-1776), sobre a que tivo unha grande influencia política. Impulsou a anexión do Khanato de Crimea ao Imperio Ruso (1783) e a fundación de Sebastopol (1784). Organizou a Segunda Guerra Ruso-turca (1789-1791), pero non tivo éxito e perdeu a influencia política sobre Catarina II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e tratadista italiano. Membro da Compañía de Xesús, decorou moitos templos da orde. Cun gran sentido escenográfico, utilizou a perspectiva para conseguir efectos plásticos. Traballou en Viena ao servizo do príncipe de Liechtenstein. Influíu no estilo decorativista da pintura mural barroca alemá e austríaca do s XVIII. Destaca o Altare di Sant’Ignazio para a igrexa do Gesù de Roma. Escribiu Prospettiva de’ pittori ed architetti (1693-1698).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás comidas.

    2. Que ocorre como efecto de comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto austríaco. Cultivou o estilo barroco, dedicouse á arquitectura relixiosa, e construíu, entre outras obras, a abadía de Melk (1700-1726) e a igrexa de Christkindl (1708).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Profesor de física (1904) na Universidade de Göttingen, deu a coñecer a teoría da capa límite, moi importante na mecánica dos fluídos. Estudou tamén os fenómenos de transmisión da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente sen dimensións, empregado nos cálculos termodinámicos dun fluído sometido a convección forzada ou natural, que representa a relación entre o produto da capacidade calorífica a presión constante cp pola viscosidade dinámica ì do fluído e a súa condutividade térmica k.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expansión dun fluído comprensible que se move a velocidade supersónica arredor dunha superficie convexa e orixina unha sucesión de ondas de Mach a través das que ten lugar tal expansión. A teoría deste proceso foi formulada en 1907 por L.Prandtl e elaborada posteriormente por Th. Meyer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela e director do máster de Desenvolvemento Local e Comarcal, as súas investigacións centráronse nos estudos urbanos, as redes urbanas e as súas relación coa planificación e o desenvolvemento local e rexional. Foi Director do Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial (1989-1997) e secretario xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia (1997-2003). Realizou os mapas comarcal (1996) e parroquial (1997) de Galicia e puxo en marcha o Plan de Desenvolvemento Comarcal, o Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) e o Centro Telemático aplicado ao Desenvolvemento Comarcal, e creou a rede de Centros Comarcais. Pertence ao Instituto de Estudios Económicos Pedro Barrié de la Maza. Colaborador de La Voz de Galicia, das súas publicacións destacan Galicia. Estrutura del territorio y organización comarcal (1986), La Red urbana (1990), Ciudad y desarrollo...

    VER O DETALLE DO TERMO