Precedo Ledo, Andrés José
Xeógrafo. Catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela e director do máster de Desenvolvemento Local e Comarcal, as súas investigacións centráronse nos estudos urbanos, as redes urbanas e as súas relación coa planificación e o desenvolvemento local e rexional. Foi Director do Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial (1989-1997) e secretario xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia (1997-2003). Realizou os mapas comarcal (1996) e parroquial (1997) de Galicia e puxo en marcha o Plan de Desenvolvemento Comarcal, o Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) e o Centro Telemático aplicado ao Desenvolvemento Comarcal, e creou a rede de Centros Comarcais. Pertence ao Instituto de Estudios Económicos Pedro Barrié de la Maza. Colaborador de La Voz de Galicia, das súas publicacións destacan Galicia. Estrutura del territorio y organización comarcal (1986), La Red urbana (1990), Ciudad y desarrollo urbano (1996), Geografía humana de Galicia (1998), Informe demográfico de Galicia (1999) e Las nuevas realidades territoriales para el siglo XXI: desarrollo local, identidad territorial y ciudad difusa (2004). Pertence á Asociación Internacional de Urbanistas e á Asociación Internacional de Planificadores Rexionais e Urbanos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña