"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Militar romano que mandou unha das tres columnas -as outras dúas ían dirixidas por Publio Carisio e Octavio Augusto- que no ano 29 a C comezan a serie de campañas coñecidas como guerras astur-cántabras, que acadaron o sometemento dos derradeiros pobos e territorios que estaban irredentos ao poder de Roma na Península Ibérica. Parece que Antistio se encargou das lexións X Gemina e VI Vitrix con base en Bracara Augusta, sendo el quen, tras moitas dificultades causadas tanto pola orografía como polo carácter guerreiro dos indíxenas, venceu de maneira definitiva os cántabros entre os anos 29 e 25 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Figura de repetición que consiste na inversión da orde das palabras en períodos contiguos.
-
Reiteración dunha mesma palabra ou frase ao final de dous ou máis sintagmas ou períodos sucesivos.
-
Na danza coral grega, a volta dos coros que sucede a cada estrofa.
-
-
-
Que se opón aos ataques da guerra submarina.
-
Dise de todo elemento destinado a combater os submarinos ou a defenderse deles. O grao de perigosidade acadado polos submarinos de propulsión nuclear fixo que a loita antisubmarina sexa un campo onde se produciu unha investigación intensa nos últimos anos. Para a detección e localización dos submarinos inimigos, ademais dos sistemas clásicos (hidrófonos e sonar) xurdiron outros novos como o MAD (Magnetic Airborne Detector), a detección por satélite da radiación infravermella emitida polos reactores nucleares, as boias colocadas nos lugares de paso obrigado, os dispositivos remolcados por barcos e os que son lanzados dende o aire. Cando se localiza o submarino entran en acción os torpedos autoguiados (ASROC), lanzados dende os barcos, aeronaves ou submarinos (SUBROC), os torpedos instalados nos fondos marinos e as cargas de profundidade con explosivo nuclear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na tipoloxía de papeis actanciais do relato proposta por Greimas (Sémantique struturale, 1966) é o oposto do suxeito e concretízase no papel de antagonista. O antisuxeito ten obxectivos cruzados cos do suxeito e representa un obstáculo momentáneo na persecución do seu fin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medidas e accións destinadas a reducir o consumo de tabaco ou a abolir o hábito de fumar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise de calquera medio ou arma con capacidade para destruír, inutilizar ou polo menos dificultar a actuación de tanques e doutros vehículos blindados. Os sistemas pasivos (valados, obstáculos, obstrucións, etc) son de carácter secundario diante dos activos, actualmente moi diversos e dunha maior eficacia. As minas antitanque clásicas lánzanse dende aeronaves ou mediante foguetes e, pasado un certo tempo, desactívanse elas mesmas. Ao lado dos lanzafoguetes portátiles que disparan proxectís de carga baleira, igual ca os dos canóns sen retroceso, existe unha ampla gama de mísiles antitanque: os máis lixeiros, guiados por fío e disparados por un só soldado, teñen un alcance duns 2.000 m; cun alcance de 4.000 m, existen uns mísiles guiados por infravermellos ou ben por láser. Todos estes mísiles poden ser lanzados dende helicópteros de ataque, sendo esta a combinación máis efectiva na loita antitanque. Malia estes avances tecnolóxicos, o canón dos propios tanques preséntase aínda como unha arma...
-
MACIZO
Macizo montañoso de Turquía, que forma parte do Tauro central e culmina no Berit Da ǧ (3.014 m). Cuberto de bosques e dificilmente penetrable, está poboado por nómadas turcos e kurdos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo aparecido nos anos cincuenta do s XX para referirse ás pezas teatrais que romperon cos principios básicos do teatro clásico tradicional; isto é, coas regras das tres unidades (acción, lugar e tempo), cos conceptos de ilusión e imitatio, coa acción lóxica dos acontecementos, cos valores heroicos ou mesmo coa coherencia dos personaxes. Naceu coa obra de Eugène Ionesco La Cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) que o propio autor cualificou de “antiobra” e pasou a designar todas as obras da época como En attendant Godot, (Agardando por Godot, 1953). En galego temos a obra Cochos (1992) de Roberto Vidal Bolaño.
-
-
Que impide a produción da calor ou a súa transmisión (ou ben de ambas as dúas).
-
antipirético.
-
-
-
Que é contrario ao terrorismo.
-
Que loita contra o terrorismo.
-
-
-
Idea, cousa ou persoa totalmente oposta a outra.
-
Idea ou termo contraposto á tese ou idea principal.
-
Figura que consiste na oposición, dentro da mesma frase, de palabras ou conceptos de sentido contrario para darlle maior realce á idea expresada.
-
-
-
Que evita ou combate o tétano.
-
Medicamento que combate o tétano.
-
-
-
Relativo ou pertencente á antítese.
-
Que significa a antítese ou idea oposta a outra.
-
-
-
Tipo ou figura que representa outra.
-
Realidade prefigurada polo tipo ou figura. O tipo é o símbolo ou figura dunha persoa ou cousa futura, polo xeral un feito do Antigo Testamento que prefiguraba outro do Novo Testamento. Por exemplo, a arca de Noé é un tipo da Igrexa, e esta é o antitipo.
-
-
-
Que contrarresta a actividade da tiroide, especialmente a síntese da hormona que segrega esta glándula.
-
Medicamento que inhibe a acción da tiroide. Entre as substancias empregadas habitualmente figuran o iodo e os fármacos antitiroides de síntese, que corresponden ao grupo dos triocarbamidas.
-
-
-
Que actúa contra unha substancia tóxica ou velenosa.
-
Medicamento que neutraliza a acción dunha substancia tóxica ou velenosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anticorpo detectable no plasma sanguíneo dos animais trala inxección de doses repetidas e suficientemente espalladas de antíxenos con función tóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prominencia da orella, situada diante do trago.
-
-
Que reduce a transpiración cutánea.
-
Produto que reduce a transpiración cutánea, xeralmente polas súas propiedades astrinxentes.
-
-
-
Que combate a traza.
-
dispositivo ou substancia que combate a traza.
-