antisubmarino -na
(
-
adx
Que se opón aos ataques da guerra submarina.
-
adx
[BÉL]
Dise de todo elemento destinado a combater os submarinos ou a defenderse deles. O grao de perigosidade acadado polos submarinos de propulsión nuclear fixo que a loita antisubmarina sexa un campo onde se produciu unha investigación intensa nos últimos anos. Para a detección e localización dos submarinos inimigos, ademais dos sistemas clásicos (hidrófonos e sonar) xurdiron outros novos como o MAD (Magnetic Airborne Detector), a detección por satélite da radiación infravermella emitida polos reactores nucleares, as boias colocadas nos lugares de paso obrigado, os dispositivos remolcados por barcos e os que son lanzados dende o aire. Cando se localiza o submarino entran en acción os torpedos autoguiados (ASROC), lanzados dende os barcos, aeronaves ou submarinos (SUBROC), os torpedos instalados nos fondos marinos e as cargas de profundidade con explosivo nuclear.