antístrofe

antístrofe

(< gr ἀντιστροϕή ‘contra volta’)

  1. s f [LIT]

    Figura de repetición que consiste na inversión da orde das palabras en períodos contiguos.

    Confrontacións: antimetalepse, antimetátese.
  2. s f [LIT]

    Reiteración dunha mesma palabra ou frase ao final de dous ou máis sintagmas ou períodos sucesivos.

    Confrontacións: epífora.
  3. s f

    Na danza coral grega, a volta dos coros que sucede a cada estrofa.

Palabras veciñas

antispasto | Antístenes | Antistio, Caio | antístrofe | antisubmarino -na | antisuxeito | antitabaco