Antístenes
Antístenes
Pensador grego. Discípulo de Gorxias e de Sócrates, atribúeselle a fundación da escola cínica. Seguiu as ensinanzas dos sofistas e, opoñéndose á doutrina de Platón, afirmou que só é posible o coñecemento do particular. Como Sócrates, defendeu que a virtude é o ben supremo, pero definiuna como aquel estado no que o home é autosuficiente, acadando, polo tanto, independencia con respecto ás cousas e fenómenos exteriores. É por isto que o pracer é o principio da infelicidade, xa que rompe a tranquilidade que o sabio conseguira; pola contra, o traballo axuda ao dominio de si mesmo e conduce á felicidade. O arquetipo do xeito de vida defendido por Antístenes era Heracles, quen lle deu título á obra homónima deste pensador, que non se conserva.
Cronoloxía
-
Deceso