"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Relativo ou pertencente ao día do nacemento de alguén.

      1. Día do nacemento e cada un dos aniversarios.

      2. Festa que se celebra nestes días, que parte dunha antiga tradición concretada coa expresión dies natilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de naturalizar ou naturalizarse.

      1. Modalidade de adquisición de nacionalidade, posterior ao nacemento, que se produce mediante unha declaración de vontade do adquirinte e unha autorización da autoridade estatal, outorgada de forma discrecional ou suxeita a determinadas regras. O dereito civil español establece dous tipos de naturalización: por carta de naturalización e por residencia. O tempo de residencia esixido é de dez anos continuados, reducidos a dous para os súbditos dos países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Portugal, Guinea Ecuatorial e os de orixe sefardí, e a un ano para os nacidos en territorio español, os de pai ou nai orixinariamente españois,  os casados con español ou española e os que non exercitasen a facultade de opción para a adquisición da nacionalidade. Hai que seguir un expediente no rexistro civil e unha vez outorgada a naturalización, ten que seguir inscrita no rexistro.

      2. carta de naturalización

        Carta de concesión a un súbdito estranxeiro da nacionalidade do país que a outorga. Normalmente outórgaa o xefe do estado, dunha maneira discrecional, mediante Real Decreto e en atención a circunstancias excepcionais.

    2. Adaptación dunha especie vexetal ou animal a unha rexión e a unhas características que non lle son propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado entre os ríos Eresma e Voltoya (2.624 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e na gandaría. Posúe industrias alimentarias e de materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en Sierra Morena e regado polo río Retortillo (1.874 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandaría, e compleméntase coas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de navegar.

    2. Ciencia e arte de navegar. Componse dun conxunto de técnicas que permiten determinar o punto onde se atopa unha nave e establecer o camiño que ha de seguir para trasladarse a calquera outro punto, navegando coa máxima seguridade e o máximo aforro de tempo posibles. A localización da nave determínase pola intersección dos lugares xeométricos aos que corresponda a súa situación, como os arcos capaces, demoras, distancias, liñas isobáticas e circunferencias de altura, entre outros. Establécese o camiño que se ha de seguir escollendo o máis curto, evitando terras, rochas ou outros perigos considerados, os ventos e as correntes, e fixando rutas ortodrómicas ou loxodrómicas, segundo as conveniencias.

    3. Conxunto de técnicas que permiten determinar en cada momento as coordenadas de situación dunha aeronave respecto a un sistema de referencia situado sobre a superficie terrestre, independentemente doutras aeronaves, e de establecer o rumbo que cómpre seguir para respectar a ruta e o destino escollidos. Diferénciase a navegación non instrumental ou visual (VFR), que pode ser navegación observada (identificación de puntos sobrevoados) ou navegación estimada (complementación con cálculos horarios), da navegación instrumental (IFR), que pode ser navegación radioeléctrica (posicionamento mediante identificación de sinais de radio emitidos desde terra ou desde satélites artificiais) ou navegación autónoma (posicionamento mediante aparatos instalados a bordo da aeronave). Recórrese case sempre á navegación IFR. Os sistemas máis empregados son os radiofaros non direccionais (NDB) captados polo radiocompás de a bordo (ADF), os radiofaros direccionais (VOR, ILS,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Expresión matemática de equilibrio dinámico dun elemento de fluído, que no caso particular dunha corrente de fluído newtoniano (viscosidade cinemática constante), en réxime laminar, toma a forma:

    FORMULA

    sendo ¦Í a velocidade, F a forza activa aplicada á unidade masa, z a densidade, p a presión, ¦Ã a viscosidade cinemática e 6 o operador diferencial nabla. Desta fórmula pódese deducir a ecuación fundamental da hidroestática, ao facer ¦Ã = 0 (fluído perfecto) e -¦Í/-t = 0 (fluído en repouso ou en movemento continuo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de nebulizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen amosa falta de entendemento e pouca intelixencia.

    2. Que ou quen se comporta con imprudencia e vaidade.

    3. Que denota ou implica ignorancia e atrevemento. Na tradición oral recóllense ditos como: “A palabras necias oídos xordos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de negar.

    2. Cousa ou persoa que é totalmente contraria a outra.

    3. Falta de aptitude ou carencia absoluta dalgunha cousa.

    4. Palabra ou procedemento gramatical polo que se nega.

    5. Tipo de conectiva lóxica que, dada unha proposición p, represéntase cos símbolos Ip, ~p, p, e está definida pola táboa da verdade:


      FORMULA


      Cando desde un referencial predeterminado se define un conxunto mediante unha función proposicional p(x), a función I p(x) define o conxunto t complementario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de negociar.

    2. Establecemento de normas, nunha empresa capitalista, sobre regulación de salarios e outros aspectos laborais establecidos por acordo entre a parte social e empresarial, que superan a forma de contacto individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asunto do que se obtén proveito ou vantaxes.

    2. Calquera asunto, ocupación ou traballo. Na tradición oral recóllense ditos como “Cada un no seu negocio sabe máis que outro. Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos. Negocio en que perigas, nin á túa muller llo digas”.

    3. Local destinado para uso comercial.

      1. Operación de compravenda de bens mobles da que se obtén ganancia.

      2. Actividade económica realizada con afán de lucro.

      3. home de negocios

        Persoa que se dedica habitualmente a estas actividades lucrativas.

      4. negocio xurídico

        Acto de autonomía privada, con efectos xurídicos determinados polo dereito, polo que o outorgante ou outorgantes regulan os seus propios intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución dedicada á xestión da produción pictórica de Nelson Zumel e da súa colección. Tamén se encarga da doazón de obra propia e de pintores españois dos ss XIX-XX ao Museo Nelson Zumel, situado en Lugo, e da convocatoria do Premio de Pintura Nelson Zumel, de carácter bienal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación dunha neoplasia.

    2. Proceso de rexeneración dun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Expresión matemática que relaciona o potencial de electrodo coa actividade das especies químicas que interveñen na reacción de transferencia electrónica, de ecuación xeral Ox + ne = Red, e que ten a forma:

    FORMULA

                          RT aOx
    E   =   E°   +   ——   ln   ——
                          nF aRed

    en que R é a constante dos gases, T a temperatura absoluta, n o número de electróns, F a constante de Faraday (que vale 9,648·104 C/mol), aOx e aRed as actividades das formas oxidada e reducida, e (denominada potencial estándar de redución) unha constante característica da parella redox. Tamén se denomina lei de Nernst.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei de partición que expresa a distribución en proporcións constantes dun soluto, cando está en contacto con dous líquidos inmiscibles e é soluble en ambos os dous a unha temperatura dada, no caso de que non teña lugar unha asociación molecular ou unha asociación electrolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto e disposición dos nervios dunha folla.

    2. Conxunto de nervios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Na determinación dunha función u que satisfai a ecuación de Laplace

    FORMULA

    definida nunha rexión R do plano e tal que u sexa regular e continua en R e na súa fronteira F, condición que consiste en considerar coñecida a derivada normal du/dn da función u enriba da fronteira F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de solucións da ecuación de Bessel de segunda clase.

    VER O DETALLE DO TERMO