"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Aplícase á persoa que acompaña e axuda a outra en determinadas cousas.
-
Que ou quen axuda o sacerdote nos traballos da parroquia.
-
Eclesiástico designado por unha bula pontificia para ocupar unha prebenda eclesiástica.
-
Persoa que, na Compañía de Xesús, non accedeu ao ministerio sacerdotal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cargo de coadxutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das células típicas das esponxas que forman o endoderma. Son troncocónicas e están provistas dun longo flaxelo, rodeado na base dun colar de lanuxe microscópica, que forma un mecanismo de filtración. A función dos coanocitos é a de capturar as partículas nutritivas e dixerilas.
-
-
Persoa que fai unha obra conxuntamente con outra. Ex: É coautor do proxecto de investigación que se publicou recentemente.
-
Persoa que participa directamente con outras na execución dunha acción punible. Cada coautor é responsable do delito e aplícaselle a pena total sinalada para este. En canto á responsabilidade civil, responde solidariamente cos outros dunha cantidade única expresiva dos prexuízos ocasionados. As circunstancias persoais agravantes ou atenuantes aféctanlle soamente ao coautor no que concorren.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición ou calidade de coautor.
-
-
-
Elemento de transición do bloque d, situado entre os elementos do bloque s e os do bloque p da táboa periódica, de número atómico 27 e peso atómico 58,933. Ten un único isótopo natural, o núclido 59, e 10 núclidos artificiais 54, 55, 56, 57, 58 e 58 m, 60 e 60 m, 61 e 62. É un metal branco, dúctil e maleable, descuberto por Georg Brandt en 1735. Ten graos de oxidación +3, +2, único estable para os sales simples en solución, +1, sinalado por Planchot en 1926 e por outros investigadores, e +4, que se dá seguramente no óxido CoO 2 e nalgúns complexos. Hai dúas variedades halotrópicas: a variedade α, que cristaliza no sistema hexagonal compacto, e a variedade β, do tipo cúbico de caras centradas. O cobalto é ferromagnético e ten punto de Curie aproximadamente a 1.150°C. Inalterable nunha atmosfera de aire seco ou húmido a temperaturas ordinarias, oxídase lentamente en estado incandescente e recóbrese dunha capa de óxido salino, Co 3...
-
carbonato de cobalto(II) [CoCO 3 ]
Composto que se presenta en cristais vermellos, obtidos mediante quentamento de carbonato de sodio e unha solución de sal de cobalto(II), dentro dun tubo pechado. Preséntase na natureza no espato cobalto e na esferocobaltita. Emprégase en cerámica e na elaboración de pigmentos.
-
cloruro de cobalto(II) [CoCl 2 ]
Composto que se presenta en láminas azuis pálidas, obtidas por acción do cloro sobre o cobalto. Forma un hexahidrato [Co(CH 2 O) 4 ]Cl 2 ·2H 2 O, dicloruro de tetraaquocobalto(II) que cristaliza no sistema monoclínico e é bastante soluble en auga. Emprégase como indicador de humidade.
-
fluoruro de cobalto(III) [CoF 3 ]
Composto que se presenta en forma de cristais hexagonais de cor marrón. É un dos sales simples de cobalto(III) máis estables e emprégase como axente de fluoración na industria dos derivados fluorados.
-
nitrato de cobalto(II) [Co(NO 3 ) 2 ]
Composto que se presenta en forma de cristais vermellos, obtidos como hexahidrato. Emprégase na manufactura de pigmentos e de tintas invisibles.
-
óxido de cobalto
Cada un dos compostos binarios que forma o cobalto co osíxeno. Prepárase o óxido de cobalto(II), CoO, por deshidratación do hidróxido ou por disociación do carbonato en recipiente pechado. Trátase duns pos grises cristalinos que funden a 1.900°C sen disociarse. De cor azul, ás veces matizado de verde, en solución sólida con outros óxidos básicos pode dar outras cores, como verde de Rinmann (CoO+ZnO) ou rosa de cobalto (CoO+MgO). O óxido cobaltoso-cobáltico salino, Co 3 O 4 obtense industrialmente; e o óxido de cobalto(III), Co 2 O 3 , obtense por oxidación prolongada do hidróxido de cobalto(II).
-
-
bomba de cobalto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao composto de cobalto no que este ten un número de oxidación +2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización terapéutica do cobalto radioactivo (isótopo 60), en forma de preparados moldeables para aplicacións superficiais ou de radiacións ionizantes que penetran no organismo. A fonte produtora destas radiacións denomínase bomba de cobalto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción de planta cuadrangular, situada en Sobrado (A Pobra de Trives). Unha solaina percorre o lado sur do edificio que acolle, no seu interior, un oratorio visible no exterior por medio dunha espadana. Na capela, aparece unha inscrición nun lintel que recolle a data e o nome do fundador da mesma: Suárez de Puga, cabaleiro da Real Orde de Carlos III en 1847. Cómpre destacar a decoración dos muros con motivos, como columnas, arcos e outros elementos decorativos. Conserva un pombal de planta rectangular.
-
-
Peza móbil coa que se tapan potas, olas ou tarteiras.
-
Peza que se coloca sobre a cabeza dos animais xunguidos ao carro.
-
Pluma que cobre a base doutras que serven para o voo, como é o caso das remeiras e das caudais.
-
-
Conxunto de sedimentos depositados sobre un zócolo que fosilizan os materiais antigos situados nel.
-
Grupo de rochas situadas entre a parte explotada dunha mina e a superficie.
-
Conxunto de rochas impermeables que cobre un xacemento de petróleo ou de gas natural.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manta ou peza de abrigo que se coloca sobre a cama. Ex: Antes botabamos na cama uns cobertores moi gordos que picaban moitísimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifesto de Koblenz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cobrar.
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. Coñecido co nome de Sabellico, ensinou retórica en Udine (1473-1483) e Venecia, onde dirixiu a biblioteca pública. Influído por Flavio Biondo, escribiu entre outras obras: Rerum Venetarum ab urbe condita ad Marcum Barbadicum Venetarium principem libri XXXIII (Historia de Venecia dende a fundación da cidade ata ao príncipe veneciano Marco Barbadico, 1487).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción ou efecto de cocer ou cocerse.
-
Preparado curativo a base de herbas medicinais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guisado feito con talladas de carne de año ou cabrito que, despois de medio cocidas, se friten e sazonan con especias e vinagre. É unha comida típica de Nafarroa.
-
RIOS
Río do Epiro, afluente do Aqueronte. Pertencente á mitoloxía grega, Virxilio describiuno como o principal río dos infernos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pequenas pezas calcificadas que forman parte do esqueleto periférico das cocolitoforais. Segundo a forma poden ser discólitos (en disco non perforado), rabdólitos (perforado e alongado) e tremólitos (en disco perforado). Pódense encontrar en forma fósil en rochas de orixe mariña.
-
-
Relativo ou pertencente ás cocolitoforais.
-
Alga da orde das cocolitoforais.
-
Orde de algas unicelulares da clase das crisofíceas. Abrangue organismos moi pequenos, de entre 5 e 40 μm, con dous cromatóforos de cor amarela escura, dous flaxelos iguais e unha membrana fina, cuberta cunha capa xelatinosa dentro da que se forman pezas calcificadas discoidais, os cocólitos. Viven principalmente no mar, sobre todo en augas mornas ou quentes. Teñen interese como organismos fotosintetizadores e como formadores de sedimentos ricos en cocólitos fósiles.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).
VER O DETALLE DO TERMO