"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • GALICIA

    Relixioso. Ingresou no Seminario da Provincia Franciscana de Santiago, en Castroverde de Campos, posteriormente estudou no Seminario de Herbón e despois en Ponteareas. Tomou o hábito en 1970. Desempeñou cargos de responsabilidade na orde en Galicia ata que en 1997 foi nomeado definidor xeral da orde e secretario xeral para a Formación e os Estudos, desde onde dirixiu as universidades da orde. En 1998 foi nomeado visitador apostólico do mosteiro de San Pascual de Bailón (Vilarreal) pola Congregación para a Vida Consagrada. En xuño de 2003 foi elixido ministro xeral dos franciscanos no capítulo xeral celebrado en Asís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Foi reitor da Universidade Central en Madrid e foi un dos máis importantes científicos galegos. Foi membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, da que foi presidente, da Real Academia Nacional de Medicina, da Real Academia Española e correspondente da Real Academia Galega. Publicou La evolución en la química (1895), Tratado de química biológica (1903), Tratado de química orgánica teórico y práctico, aplicado especialmente a las ciencias médicas (1917) e Cuestiones bioquímicas y farmaceúticas (1924-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Realizou estudos sacerdotais nos seminarios de Sarria, Verín e Poio, diplomouse en estudos sindicais e en técnicas de investigación aplicadas á educación, licenciouse en Ciencias Políticas e doutorouse en Ciencias Sociais. Catedrático de Socioloxía e Economía da Educación da Universidad Pontificia de Salamanca, onde foi subdirector do Instituto de Estudios Europeos y Derechos Humanos, pertenceu ao consello editorial das revistas Estudios e Educadores. Fundou a colección Revista Estudios e colaborou no Dicionario de la Historia Eclesiástica de España. Publicou Mella y su pensamiento social (1972), Vázquez de Mella: sobre su vida y obra (1973), El pensamiento sociopolítico de Vázquez de Mella (1974), Cartas inéditas de Concepción Arenal (1984), Doctrina sindical Pontificia (1986) e Siguiendo a San Pedro Nolasco (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, irmá de Xoán Rodríguez de Legísima. Coñecida como Carme Legísima, foi autodidacta. Nas súas obras, de corte clásico e realista, predominaron os trazos grosos e as cores escuras, que lle deron un ton dramático. Cultivou o retrato (Meus pais, Miña irmá, En familia, Retrato do muiñeiro), a paisaxe, na que representou grandes espazos, o bodegón (Bodegón con pan e cereixas, Cereixas, Azucenas, Bodegón con flores) e a temática relixiosa (Oseira, Santa Teresiña). Recibiu a segunda medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes (1943) e a Medalla do Salón de Otoño de Madrid (1948). A súa irmán Matilde Rodríguez de Legísima (Ourense 1902-?) foi tamén pintora. Centrouse nos retratos de nenos (Niño de las cerezas), na representación de flores (Rosas y dalias) e nos bodegóns (Bodegón con flores).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro. Deu nome, xunto coa ponte sobre o Eume, ao concello das Pontes de García Rodríguez, despois de que Enrique II de Castela lle concedera, en 1376, o señorío do concello, no que construíu un castelo xa desaparecido. Posteriormente recibiu tamén o señorío de Santa Cruz e San Xurxo de Moeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Cofundou Alianza Popular (AP) en Ourense e foi deputado no Parlamento de Galicia por AP na primeira lexislatura (1981-1985). Foi director xeral de Emigración (1982), director xeral de Relacións coas Comunidades Galegas (1987) e vicevaledor do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PSOE desde 1976, foi deputado no Congreso (1977-1983). Presidente da Junta de Extremadura desde 1982 e secretario xeral do PSOE en Extremadura desde 1988, desde 2004 é secretario executivo da comisión executiva federal do PSOE. Recibiu a Gran Cruz de la Orden del Infante D. Henrique (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Financeiro. Estudou e traballou en Inglaterra e Alemaña, onde se fixo enxeñeiro ferroviario. En 1889 entrou a formar parte da Sociedad Sobrinos de José Pastor, que en 1925 se converteu no Banco Pastor, da que foi presidente e director vitalicio. En 1929 foi designado conselleiro do Banco de España en representación da banca privada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, ilustrador e deseñador. Coñecido como Carlos Silvar, licenciouse en Belas Artes na Escuela de San Fernando (1980) e a partir dese ano entrou no departamento de deseño do Grupo Sargadelos. Deseñador de cartelaría e decorados, colaborou como caricaturista en A Nosa Terra, Can sen dono, Xerme, Irimia, Coordenadas, Ameixa Cacofónica e La Voz de Galicia. Promotor do colectivo de creación audiovisual Ollo de Vidro, traballou como ilustrador para diversas editorais, para a Sociedade de Historia Natural e para Adega. Recibiu o primeiro premio de banda deseñada do Facho e a Curuxa do Humor (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Correspondente de Faro de Vigo (1980) e da axencia EFE (1996), colaborou en A Nosa Terra, Xornal Diario, Diario de Granada, A Peneira e O Caminhense, e nas emisoras Radio Vigo, Radio Popular, Radio Noroeste e Radio Jornal Caminhense. Publicou A Guarda: claves para coñecela sen présas (1992). Recibiu o I Premio de Xornalismo Vila da Guarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor, fillo de Xoán Rof Codina. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, completou a súa formación en Colonia, Viena e París. En España traballou para o doutor Gregorio Marañón e a fundación Rockefeller. Foi membro e fundador de diversas sociedades médicas, como a Sociedad Española de Medicina Psicosomática, e presidente do Instituto de Ciencias del Hombre. Escritor prolífico e colaborador de diversas publicacións, como Grial, das súas obras destacan Patología psicosomática (1949), primeiro achegamento en España a esta disciplina; Urdimbre afectiva y enfermedad: Introdución a una medicina dialógica (1961), Violencia y ternura (1967), Teoría y práctica psicosomática (1984), e o ensaio Mito e realidade da terra nai (1957). Membro da Real Academia Nacional de Medicina e da Real Academia Española, pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo clínico estadounidense. Desenvolveu a teoría da terapia centrada no cliente en Client-centered Therapy (1951), onde o papel do psicólogo é pasivo, permisivo e de aceptación, reflectindo os sentimentos do cliente. Destacan tamén On Becoming a Person (1961) e Freedom to Learn (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Doutor en Letras e profesor universitario en EE UU, como novelista publicou numerosas obras, das que destacan El asesino del César (Premio Ciutat de Barcelona 1958), Auto de fe (Premio Nacional de Literatura 1968), Azaña (Premio Planeta 1973) e El ingenioso hidalgo y poeta Federico García Lorca asciende a los infiernos (Premio Nadal 1980). Escribiu tamén El bastardo del rey (1999) e Diez crisis del franquismo: acontecimientos que desestabilizaron la ditadura (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Foi reitor da Universidad de Buenos Aires (1962-1930). Iniciouse como poeta de corte romántico pero decantouse axiña cara ao modernismo en Poesías (1923). Escribiu contos como El país de la selva (1907) ou os dramas teatrais Ollantay (1929) e Elelín (1929). Destaca o seu labor como polígrafo, ensaísta, biógrafo e xornalista. Recibiu o Premio Nacional de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de motos. Coñecido como Nani Roma, foi campión de Europa de enduro (1994) e medalla de ouro nos ISDE (Internacional Six Days Enduro, 1994 e 1999). Gañou o rallye de Túnez (2002), o rallye de Exipto (2003), o rallye de Sardeña (2003) e o rallye Dakar (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Letrado do Consello de Estado e militante de Alianza Popular e do PP, foi secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de la Administración Local, subsecretario da Presidencia do goberno e subsecretario do Ministerio da Gobernación. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1982-1989) e no Parlamento galego (1993-1996), e presidiu a Deputación Provincial da Coruña. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia (1982), conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1993) e de Sanidade e Servizos Sociais (1993-1996). Foi ministro de Sanidade e Consumo (1996-2000) e presidiu o Consello de Estado (2003-2004). Escribiu Lecturas para estos tiempos: sociedad abierta, globalización, inmigración, multiculturalismo (2002) e El artículo 107 en el marco de la constitución española de 1978 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Bispo de Santiago de María (1974), en 1977 foi elixido arcebispo de San Salvador. Defensor apaixonado dos máis oprimidos, morreu asasinado mentres celebraba misa o 24 de marzo de 1980, ao día seguinte de facer unha chamada ao goberno e ao exército para que acabase a represión sobre o pobo salvadoreño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Respirar, ao durmir, facendo ruído debido á vibración do veo do padal.

    2. Emitir algúns animais sons roucos e graves.

    3. Producir algo un son intenso e xordo.

    VER O DETALLE DO TERMO