"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Angola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monstro da mitoloxía grega, fillo de Hidra e do león de Nemea e irmán da esfinxe que, segundo Homero, tiña cabeza e rabo de dragón e corpo de cabra, e foi asasinado por Belerofonte. Adóitase representar loitando co heroe ou só, vomitando chamas e con tres cabezas: de león, de cabra e de dragón.

    2. Creación imaxinaria que se toma por realidade.

    3. Liorta violenta entre dúas ou máis persoas.

    4. Individuo vexetal mixto formado por vía vexetativa. Fórmanse a partir do calo que se emprega e hai dous tipos: as quimeras sectoriais, nas que as dúas metades de cada folla ou rama son diferentes e proveñen a unha do patrón e a outra do enxerto; e as quimeras periclinais, nas que os tecidos superficiais derivan dun dos pais e os tecidos internos do outro.

    5. Individuo portador de caracteres propios de dous xenotipos distintos.

    6. peixe rato.

    7. Figura que representa un animal coa cabeza e o peito de doncela, os cabelos espeluxados, as patas anteriores de león e as posteriores de grifón, o corpo de cabra e o rabo de dragón, que se adoita empregar como cimeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á quimera.

    2. Que é meramente imaxinario, ilusorio ou irreal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quiméridos.

    2. Peixe da familia dos quiméridos.

    3. Familia de peixes, da orde dos quimeriformes, que viven a profundidade intermedia, teñen cola estreita e as aletas dorsais e ventrais grandes. Aliméntanse de pequenas presas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quimeriformes.

    2. Peixe da orde dos quimeriformes.

    3. Orde de condritios, con morros curtos e ollos ben desenvolvidos. Pertence a esta orde o peixe rato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a composición, a estrutura e as propiedades dos diferentes tipos de substancias, así como as súas transformacións. Atendendo á natureza das substancias estudadas, dividiuse tradicionalmente en química inorgánica e orgánica. Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica. O coñecemento tecnolóxico ten a súa orixe no dominio do lume por parte do home, e no que se refire aos fenómenos químicos, en procesos tales como a cocción de alimentos, o curtido, a metalurxia, a fabricación de vidro e a preparación de medicinas e velenos, entre outros. No que atinxe ao coñecemento filosófico da materia, as primeiras teorías sobre a súa orixe e a súa constitución foron desenvolvidas polos filósofos gregos, como Empédocles coa súa teoría sobre os elementos constituíntes da materia (terra, auga, aire e lume). A partir destas teorías, a finais do s I xurdiu en Alexandría a alquimia,...

    2. Conxunto de leis que constitúen o fundamento da estequiometría. A formulación das leis ponderais parte, historicamente, do principio de conservación da materia de A. L. Lavoisier. As leis ponderais propiamente ditas son a lei das proporcións recíprocas de J. B. Richter (1792); a lei das proporcións definidas de J. L. Proust (1801); a lei das proporcións múltiples de J. Dalton (1803); e a lei dos volumes de combinación de J. L. Gay-Lussac (1808).

    3. Rama da química que comprende o conxunto de coñecementos teóricos, principalmente pertencentes ao campo da química física (equilibrios en solución, equilibrios heteroxéneos, electroquímica ou espectroscopia), que constitúen o fundamento da análise química.

    4. Rama da química e que estuda, desde unha perspectiva física, os fenómenos químicos ou de interese para a química. Pode abordar os seus problemas tanto desde o nivel macroscópico ou fenomenolóxico coma desde o microscópico ou molecular. A ferramenta de traballo empregada no estudo fenomenolóxico é a termodinámica, mentres que a mecánica, e principalmente a mecánica cuántica, proporcionan o método para abordar os problemas microscópicos. O baleiro existente entre estes dous niveis pode encherse mediante o uso da termodinámica estatística, que permite, partindo do nivel molecular, a predición de propiedades macroscópicas. Modernamente existe a tendencia de denominar química cuántica a parte da química física que comprende o estudo de problemas microscópicos mediante o uso da mecánica cuántica. O estudo químico-físico dos fenómenos químicos a nivel macroscópico realízase desde a perspectiva do primeiro e segundo principio da termodinámica e, en particular, das funcións que se derivan...

    5. Rama da química que estuda os elementos químicos e os compostos inorgánicos. A química inorgánica non comprende só o estudo das propiedades, os métodos de preparación e as transformacións destas substancias, senón tamén o das relacións de analoxía que se poden establecer entre eles e o das causas que determinan as súas propiedades específicas. Das bases químico-físicas que atoparon unha aplicación fundamental na química inorgánica, destaca o coñecemento da estrutura das ordenacións sólidas estendidas, o coñecemento da natureza do enlace químico empregando fundamentalmente o método dos orbitais moleculares e o uso sistemático de constantes empíricas que, no caso dos elementos, se concretan na electronegatividade, o raio covalente, o raio iónico ou o raio de Van der Waals, e, no caso dos compostos, na enerxía de enlace, a distancia de enlace e o momento dipolar. Adoita considerarse separadamente dentro da táboa periódica os gases nobres, os elementos dos grupos principais (hidróxeno, alcalinos,...

    6. Rama da química que trata dos compostos complexos de carbono e das súas transformacións. Os obxectivos fundamentais da química orgánica son a determinación da estrutura molecular (análise estrutural) e a síntese de compostos, o estudo das propiedades específicas e as relacións xerais entre os compostos, os mecanismos de reacción e a estereoquímica. Empregouse o criterio estrutural para delimitar as diversas ramas en que se pode considerar dividida a química orgánica. Así, está a química orgánica alifática ou acíclica, que trata das estruturas abertas, lineais ou ramificadas, saturadas ou insaturadas; a química orgánica alicíclica, relativa aos compostos carbocíclicos non aromáticos; a química orgánica aromática, relativa aos compostos derivados formalmente do benceno; e a química orgánica heterocíclica, relativa aos compostos carbocíclicos, aromáticos ou non, que conteñen un ou máis heteroátomos no anel carbonado. Seguindo criterios análogos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á química.

    2. Especialista en química.

    3. Sector que integra todas as actividades industriais dedicadas á manufactura de elementos químicos e dos seus derivados. Inclúe dous grandes subsectores: o da química inorgánica ou mineral e o da química orgánica. Os produtos principais que integran o primeiro son: ácidos, bases, anhídridos e óxidos inorgánicos, gases nobres, sales inorgánicas, auga osixenada e haluros non metálicos. O subsector da química orgánica engloba principalmente toda a química do carbono e os seus derivados. Cómpre engadir, ademais, outros sectores importantes na industria química, como son os produtos farmacéuticos, os de perfumaría e cosmética, pinturas, xabóns e deterxentes, resinas sintéticas, materiais plásticos e caucho sintético, colorantes e pigmentos, e fertilizantes. Desde o punto de vista económico, a industria química foi a vangarda do desenvolvemento económico mundial. Ata 1974 foi unha das ramas industriais cun crecemento máis elevado e acadou grandes volumes de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á química física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de quimo pola acción do zume gástrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en quimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘química’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quimiorreceptor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autotrofia dos organismos que sintetizan o seu material celular por redución de materia inorgánica que procede do medio, mediante electróns e enerxía, obtidos da oxidación de materia inorgánica do medio, e sen ningún tipo de intervención directa de luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta quimiolitotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de luz que acompaña a algúns procesos químicos e bioquímicos en que se orixinan moléculas en estado excitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nastia provocada por un estímulo químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heterotrofia dos organismos que sintetizan o seu material celular por redución de materia orgánica que procede do medio, mediante electróns e enerxía, obtidos da oxidación da materia orgánica do medio, e sen ningún tipo de intervención directa da luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta quimioorganotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría proposta por P. D. Mitchell sobre a transferencia de enerxía química nos seres vivos. Segundo esta teoría, nunha membrana que contén transportadores de electróns e de protóns a través de si, aparece unha forza promotriz debida á diferenza de actividade electroquímica dos protóns a ambos os dous lados da membrana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administración preventiva de substancias medicamentosas para impedir o desenvolvemento dunha infección.

    VER O DETALLE DO TERMO