quimera
(< lat chimaera < grχίμαιρα ‘animal fabuloso’)
-
s
f
[MIT/ARTE]
Monstro da mitoloxía grega, fillo de Hidra e do león de Nemea e irmán da esfinxe que, segundo Homero, tiña cabeza e rabo de dragón e corpo de cabra, e foi asasinado por Belerofonte. Adóitase representar loitando co heroe ou só, vomitando chamas e con tres cabezas: de león, de cabra e de dragón.
-
s
f
Creación imaxinaria que se toma por realidade.
Sinónimos: ilusión. -
s
f
Liorta violenta entre dúas ou máis persoas.
-
s
f
[BOT]
Individuo vexetal mixto formado por vía vexetativa. Fórmanse a partir do calo que se emprega e hai dous tipos: as quimeras sectoriais, nas que as dúas metades de cada folla ou rama son diferentes e proveñen a unha do patrón e a outra do enxerto; e as quimeras periclinais, nas que os tecidos superficiais derivan dun dos pais e os tecidos internos do outro.
-
s
f
[XEN]
Individuo portador de caracteres propios de dous xenotipos distintos.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
peixe rato.
-
s
f
[HERÁLD]
Figura que representa un animal coa cabeza e o peito de doncela, os cabelos espeluxados, as patas anteriores de león e as posteriores de grifón, o corpo de cabra e o rabo de dragón, que se adoita empregar como cimeira.