"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comportarse como un tarabelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vicente Enrique y Tarancón.
-
PERSOEIRO
Sociólogo. A partir do estudo de criminais desenvolveu unha teoría dos procesos de interacción social. Das súas obras cómpre destacar Les lois de l’imitation (1890) e Les lois sociaux (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francés. Coñecido como René Boylesve, educouse en Poitiers, Tours e París. Das súas obras destacan Leçon d’ amour dans le parc (1902) e L’ enfant à la balustrade (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tatexar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpear unha persoa a outra nunha pelexa.
-
-
-
Estrutura feita con fíos entrelazados que ten unha longura e unha largura considerables e un grosor moi pequeno, especialmente a feita con liño ou cánamo, preferentemente con ligado de tafetá, do cal é sinónimo tea. Denomínase tea de batán á napa e tea de Jouy a un antigo tecido de algodón, estampado, fabricado desde o s XVIII en Jouy-en-Josas (Francia); os seus debuxos son de trazo simple e dunha soa cor, xeralmente azul, e son moi apreciados para tapizaría. Denomínase tea de saco ao tecido feito de estopa e destinado a facer sacos e pezas de vestir moi grosas.
-
Peza de tea, especialmente a que se considera completa para o obxecto á que está destinada.
-
-
Cuberta moi tenue que recobre algo ou que se forma na superficie dun líquido.
-
Lenzo ou cadro pintado.
-
-
Peza, lámina ou órgano análogo a un tecido ou peza de tea.
-
Formación anatómica semellante a unha peza de tea, como a prolongación da piamáter nunha cavidade cerebral, ou diversas membranas.
-
arañeira.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pau longo que se emprega para alumar e que xeralmente está impregnada de resina.
-
AFLUENTES
Afluente do Miño pola dereita, que nace na parroquia da Graña (Covelo), da confluencia de varios regos que drenan a vertente meridional da serra do Suído. O seu curso diríxese en dirección N-S, pola parroquia de Campo (Covelo) e pola aba da serra do Faro de Avión. En Godóns (Covelo) vira cara ao SO por Maceira e Casteláns (Covelo); nesta última parroquia vira cara ao O, e penetra no concello de Mondariz, pasa ao concello de Mondariz-Balneario e volve por Vilar, xa no límite con Ponteareas, onde recibe ao seu principal afluente pola dereita, o Borbén, e adopta a dirección N-S, e xa na parroquia de Angoares (Ponteareas) captura ao Uma, o seu principal afluente pola esquerda. O derradeiro treito comeza entre as parroquias de Moreira e Nogueira (Ponteareas) cun cambio de dirección cara ao L inmediatamente rectificado, xa en Fornelos ; (Salvaterra de Miño). Despois duns metros do límite entre Ponteareas e Salvaterra de Miño, achégase á súa desembocadura en Arantei (Salvaterra de Miño) despois...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Tui-Vigo que abrangue parroquias dos concellos de Ponteareas, Mondariz, As Neves e Salvaterra de Miño.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ponteareas a partir do 5 de setembro de 1908. Cesou o 14 de xullo de 1936 (nº 1.156). Fundado por Amando Garra, era de tendencia republicana e agrarista, aínda que se subtitulou como “independente”. Ofreceu colaboracións literarias que entre 1922 e 1928 apareceron agrupadas na sección “Páxina Enxebre”. Dirixido por A. Garra, Manuel Pérez e, desde decembro de 1927, por Manuel Piñeiro, saíu os sábados ata agosto de 1920, en que se converteu en decenario e se trasladou a Vigo (1914) e Pontevedra (1920). Tivo varias suspensións e cambios de sede, entre Vigo, Pontevedra e Ponteareas, aínda que sempre conseguiu saír a rúa, ben como El Tea, ou ben cando estaba suspendido, como El Uma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás teáceas.
-
Planta da familia das teáceas.
-
Familia de plantas leñosas, con follas simples e alternas, flores actinomorfas, ordinariamente hermafroditas e xeralmente pentámeras, solitarias ou dispostas en cimas, e froitos en cápsula loculicida ou en baga. Son plantas naturais das rexións tropicais e subtropicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido que sae do tear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ser ou a actuación que é á vez divina e humana, especialmente a Xesús Cristo e a todos os seus actos. A palabra foi creada polo Pseudo-Denís.
-
-
Aparato ou máquina para tecer. O tear para tecidos formado por urdido e trama, na súa forma máis elemental, está disposto da maneira seguinte: por detrás ten colocado o pregador do urdido, do que se desenrola cara a arriba o urdido. Este pasa pola guía de fíos e desvíase adoptando unha dirección horizontal. Forma seguidamente a cruz mediante as canas e a continuación pasa a través dos lizos, cuxo movemento alternativo vertical pecha e abre nos dous sentidos a calada. Logo está o batán, composto polas táboas por onde corre a lanzadeira, a puga ou peite de tecer, por entre cuxas pugas pasa o urdido, e o retablo ou pasamán, que suxeita a parte superior da puga. A lanzadeira vai por dentro da calada, guiada polas táboas e a puga, e deixa detrás dela un anaco de fío de tramo denominado pasada. Unha vez pasou a lanzadeira, o batán avanza, mentres cambia a calada, e a puga abre a pasada,...
-
Estrutura da parte superior do escenario dun teatro, provista de poleas e cordas, que permite poder baixar e subir os panos no punto conveniente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da congregación feminina de irmás da Inmaculada Concepción da Virxe María, fundada en 1583 por Úrsula Benincasa. Dividíronse en oblatas, de vida activa, e ermitanas, de vida contemplativa.
-
-
Relativo ou pertencente aos teatinos ou ás teatinas.
-
Membro da orde dos cregos regulares fundada por san Caetano de Thiene. Foi creada en 1524 na basílica de San Pedro do Vaticano, coa participación de Giovanni Pietro Carafa, futuro Paulo IV, para a santificación dos seus membros e o esplendor do culto.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao teatro.
-
Que é moi esaxerado e pretende chamar a atención.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de teatral.
-
-
-
Edificio destinado á representación de obras literarias, musicais ou outras modalidades, como o mimo ou as sombras. En Grecia, as tres partes principais do teatro eran os chanzos(κοἱλα), reservadas ao público, que envolvían nuns dous terzos a orquestra (ορχἠστρα), circular, reservada ás evolucións do coro. Tanxente a ela levantábase a escena, a parte máis avanzada da que, unha plataforma rectangular denominada λογεῐον ou proscenio, estaba reservada á representación, limitado por un muro (σκηνἠ) con decoración fixa. Os romanos copiaron o modelo grego baseándose nos estudos de Vitrubio. Os chanzos estaban divididos en seccións comunicados por galerías, escaleiras, pasadizos e portas de acceso (vomitoria),e a escena tomou máis grandiosidade (uns 150 m de lonxitude). Durante o s XVI apareceron as primeiras salas destinadas ás representacións teatrais, nas...
-
teatro de ópera
Teatro dedicado principal ou exclusivamente a espectáculos de ópera. O primeiro foi o de San Casiano, en Venecia (1637), onde Monteverdi e Cavalli estrearon algunhas das súas obras. No s XVII inaugurouse a Académie de Musique de París (1671) e no s XVIII abríronse algúns dos máis célebres, como o Covent Garden de Londres (1732), o San Carlo de Nápoles (1737) e o Teatro alla Scala de Milán (1778).
-
-
Representación pública dunha obra teatral. En Grecia tivo a súa orixe nas festas relixiosas; diversas compañías itinerantes, formadas por un actor e un coro, actuaban nas prazas das cidades. Esquilo introduciu o segundo actor na representación dramática e Sófocles o terceiro. O teatro romano foi en boa medida un herdeiro do grego. En Sicilia xurdiu o teatro de fýlakes, que pasou ao continente e deu lugar ás farsas atelanas; os seu arquetipos cómicos influíron na Commedia dell’Arte do Renacemento. Os ss XVII e XVIII marcaron un progreso da escenografía, sobre todo nos teatros cortesáns; do escenario simultáneo, que obrigaba a dividir a escena en diversos espazos, pasouse ás decoracións presentadas de maneira sucesiva. A finais do s XVIII o director tomou o relevo como creador do espectáculo. En Francia, André Antoine impuxo o naturalismo escenográfico co Théâtre Libre (1897). En Austria Max Reinhardt utilizou plataformas xiratorias e levou o escenario á sala. En Rusia,...
-
-
Xénero literario dramático.
-
Conxunto das obras dramáticas dun autor, dunha época ou dun pobo.
-
-
-
Lugar onde acaece un acontecemento.
-
teatro de operacións
Zona xeográfica onde se desenvolve o conxunto dunhas operacións militares. É a máxima xurisdición que pode ter un mando militar en guerra.
-
-
...
-