"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Comerciante, armador e impresor. Orixinario de Castela, chegou a Pontevedra no 1833 e, cinco anos despois, comezou a publicar libros xunto a Domingo Paimón na imprenta denominada Os Socios. Entre as obras publicadas hai numerosas edicións de marcado carácter oficial como: Ordenanza de reemplazo del Ejército y Reales ordenanzas aclaratorias (1838), Informe y voto particular del diputado provincial por el partido de Pontevedra que se presenta a la Diputación (1838), Manifestación que hace D. Claudio González a la Exma. Diputación provincial (1838), Contestación a la llamada justa vindicación de D. José de la Fuente, ex-secretario de la Junta directiva de la carretera de Vigo a Castilla (1838) e Contestación del Dr. Don Antero Rubín de Oroña, Juez de 1ª instancia de Sarria a la hoja volante que circuló Don J. A. Vidal y Cepeda, promotor fiscal de aquel partido (1842); e as de carácter pío como Novena histórico-doctrinal de la Madre de Dios Nuestra Señora del Refugio, que con el título de Divina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. Licenciado en Ciencias Empresariais, foi un dos fundadores de Alianza Popular en Lugo. Exerceu, ademais, como intendente mercantil, catedrático da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo e presidente provincial do Partido Popular (PP). Foi elixido deputado na II lexislatura e senador na III lexislatura, concelleiro do concello de Lugo e vicepresidente do PP. Membro do Colexio de Economistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornalista. Dirixiu as publicacións Galicia Recreativa (1890-1892) e El Criterio Gallego (1893), ambas as dúas de Pontevedra. Defensor das ideas tradicionalistas, publicou Estado actual de la Agricultura en Galicia y medios que deben emplearse para mejorar sus condiciones, a fin de aumentar los produtos de la misma (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega situada no lugar da Torre, en Vilalba. Fundárona os Losada no s XVI e pertenceu no s XVIII a don Andrés Losada Rodríguez. O edificio actual amosa as ampliacións do s XVIII. Na fachada destacan a porta de acceso cun arco apuntado e un brasón. O conxunto completábase cunha torre e cunha capela dedicada á Virxe das Angustias, que non se conservan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nacional de Madrid (10069) e anteriormente na Biblioteca Capitular de Toledo (de onde tomou o seu nome), que contén parte das Cantigas de Santa María. Está conformado por 160 follas de pergamiño de vitela, cun formato de 315 mm de alto por 217 de ancho, e cortesías e gardas en pergamiño e papel. Copiado con elegante letra gótica francesa a dúas columnas e letras iniciais decoradas con filigranas alternando as cores encarnada e azul, non ten miniaturas pero si notación musical no refrán que abre cada cantiga. Contén as 100 cantigas do proxecto orixinal seguidas das cinco cantigas das festas da Virxe e as cinco de seu Fillo. Ao final, engadíronselle 16 composicións en apéndice. A primeira composición é a coñecida como Intitulatio (ou Prólogo A), cantiga sen música que presenta o autor do proxecto adornado de todos os seus títulos; dá noticia dun proxecto acabado (“fez cen cantares e sões”) e identifica a destinataria do mesmo (“fez a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolma de leis da Igrexa católica de rito latino que, baixo o nome de Codex Iuris Canonice, foi redactada organicamente por decreto de Pío X en 1904 e promulgado por Bieito XV en 1917. Constaba de cinco libros: normas xerais, das persoas, das cousas, dos procesos e dos delitos e as penas. Logo do Concilio Vaticano II iniciouse a revisión, que entrou en vigor en 1983. O novo código consta de sete libros: das normas xerais, do pobo de Deus, da misión da Igrexa de ensinar, da función da Igrexa de santificar, dos bens temporais, das sancións e dos procesos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que comparte a dirección de algo con outra ou máis persoas. Ex: O codirector da tese non corrixiu aínda o traballo final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que edita conxuntamente con outro editor ou editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Influído por Rubens, con quen se relacionou durante a súa estadía en España, e pola escola de Boloña do s XVII, foi un artista recoñecido na Lisboa de finais do XVII. Destacou pola interpretación da súa temática relixiosa baixo as pautas do Concilio de Trento. Foi pintor da corte (1678-1708) e deixou abondosas obras nas igrexas lisboetas de São Roque (Ascenção), Madre de Deus ou Paulistas, así como nas igrexas de Santo Anão (Évora), Nossa Señora da Assunção de Elvas e na de Sesimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Estudioso de Fernando Pessoa, dirixiu as obras completas de Teixeira de Pascoais e de Camilo Castelo Branco, e editou poetas do prerromanticismo e do romanticismo portugués. É autor de A Educação do Sentimento Poético (1944), Problemática da História Literária (1961), e ademais foi o director do Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira (1968-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moléculas pequenas non proteicas que se unen aos enzimas para que estes poidan levar a cabo a actividade catalítica. Poden ser ións metálicos ou moléculas orgánicas, que reciben o nome de coenzimas.

    2. Dada unha matriz cadrada A e un elemento a ij desta, número determinado pola expresión A ij =(-1) i+j detM ij , onde M ij é a matriz cadrada que resulta de omitir en A a fila i e a columna j. A ij é o cofactor do elemento a ij de A, e detM ij é o menor do elemento a ij .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de cofinanciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula (penso; xa que logo, existo) que usou Descartes para expresar a primeira evidencia filosófica: a existencia do suxeito pensante, patente incluso no medio da dúbida metódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadu, India (816.321 h [1991]). É un importante núcleo industrial, especialmente téxtil (algodón) e alimentario. Ata o s IX foi un territorio autónomo. Pola súa situación, na entrada do país do Palghat, foi ocupada tres veces polos británicos (1768, 1783 e 1790) ata que lla cederon en 1799.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que designa, na filosofía de Nicolás de Cusa, a unidade dos contrarios en Deus, ser infinito no que se superan todas as contradicións e coinciden as propiedades contrarias, da mesma maneira que a recta e a curva coinciden nunha circunferencia de radio infinito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista. Ademais de dedicarse ao cine traballou como director de pequenas pezas teatrais na Sala Nasa de Santiago de Compostela. En televisión cómpre destacar a súa participación como guionista e realizador en anuncios publicitarios e en series emitidas pola TVG (Pratos combinados ou Mareas vivas). Debutou como guionista e director cinematográfico con Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995), á que seguiron O Matachín (1996) e A ti cómo se che di adeus? (1998). Tamén traballou como actor en varias curtametraxes e como crítico de cine para El Correo Gallego e Santiago 7 días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, guionista e escritor. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e diplomouse en Cinematografía pola Universidad de Valladolid. A súa traxectoria profesional comezou en 1982 como crítico cinematográfico en El Correo Gallego. De 1988 a 1990 foi responsable da Área da Imaxe na consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Foi director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), desde a súa creación en 1990-1991 ata 1997. Foi profesor de Produción de TV na Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña (1997-2000), e con anterioridade, guionista de programas televisivos como Luces da cidade (1989-1990). Traballa como director da sección de novos proxectos na produtora NTR (Noroeste Televisión Radio). Participou nas obras colectivas Historia do cine en Galicia (1996), Dicionario del cine español (1998), realizou un estudo biofilmográfico, Antonio Román. Director de cine (1999) e traduciu a obra Notas sobre o cinematógrafo (1993), de Robert Bresson. Foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitas engurras na cara.

    2. Aplícase á carne que segue dura despois de cocela ou guisala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión sexual humana que consiste na introdución do pene do macho na vaxina da femia, que xeralmente vai acompañado dunha serie de procesos fisiolóxicos que producen pracer.

    2. Unión sexual que se realiza mediante a introdución do pene dentro do ano.

    3. coitus interruptus.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das puntas do pau menor do xogo da billarda, que recibe tamén o nome de billarda.

      2. Golpe dado co palán en calquera das puntas da billarda, no xogo da billarda.

    1. Lugar marcado, xeralmente un círculo, que en distintos xogos pode indicar a prisión, o lugar de salvación ou o lugar a partir do que se inicia o xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO