"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente ás ulmáceas

    2. Planta da familia das ulmáceas.

    3. Familia de urticais composta por árbores caducifolias, de follas simples, alternas e a miúdo asimétricas, de flores pequenas, unisexuais ou hermafroditas, agrupadas en cima ou en drupa. Son propias das rexións temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Suecia (1718-1720), filla de Carlos XI de Suecia. Casou (1715) co landgrave Federico de Hessen-Kassel, que foi proclamado soberano (Federico I de Suecia) pola aristocracia á morte do seu cuñado Carlos XII, despois de que ela abdicara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ulváceas

    2. Alga da familia das ulváceas.

    3. Familia de algas clorofíceas, da orde das ulotricais, co talo foliáceo ou tubular e oco. Habitan en augas salobres. O principal xénero desta familia e Ulva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás umbilicariáceas.

    2. Lique da familia das umbilicariáceas.

    3. Familia de liques da orde das lecanorais, de talo foliáceo e umbilicado, é dicir, unido ao substrato por un só punto. Os gonidios son do xénero Trebouxia, e os apotecios non teñen marxe talosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional de xeógrafos fundada en Bruxelas en 1922 para o estudo dos principais problemas de dominio xeográfico. O primeiro congreso realizouse en Anveres en 1871, e desde entón organiza cada catro anos un congreso internacional de xeografía, e cada dous anos intermedios organiza conferencias rexionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Urartu, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Urartu.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo urarteo.

      2. Individuo do pobo urarteo.

      3. Pobo que habitou nas proximidades do lago de Van (Turquía), que estendeu os seus dominios cara a Cilicia e o N de Siria, ata que os escitas tomaron a súa capital en 609 a C.

    1. Lingua propia de Urartu que semella estar emparentada co hurrita. Escribíase en caracteres cuneiformes, nun silabario derivado do sumerio-acadio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano vexetal que ten forma de xerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite determinar a cantidade de urea presente nun fluído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que excreta urea como principal produto da degradación dos aminoácidos. É unha característica propia dos vertebrados, xa que en esta forma soluble os seus produtos de excreción poden difundirse libremente durante o desenvolvemento embrionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Coñecido como Leopoldo de Luis, publicou Poesía española contemporánea (1939-1968), un fito na literatura do Franquismo, e os poemarios Alba del hijo (1946), Elegía en otoño (1952), Igual que guantes grises (1979) ou Del temor y la miseria (1985). Recibiu o Premio Internacional de Poesía Miguel Hernández, o Premio Nacional de Poesía (1979) e o Premio Nacional de las Letras Españolas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás urticáceas.

    2. Planta da familia das urticáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das de urticais, composta por herbas ou arbustos de follas simples, opostas ou alternas, xeralmente con estípulas, de flores tetrámeras ou pentámeras, hipóxinas e xeralmente unisexuais, e de froitos en aquenio. Consta aproximadamente dunhas 750 especies, a maioría naturais de zonas cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe imperial, fillo de Napoleón III e Uxía de Montijo. Ao morrer o seu pai os bonapartistas proclamárono emperador, Napoleón IV, e converteuse no pretendente oficial ao trono imperial. Alistado como voluntario nunha expedición británica a Zululandia, foi asasinado polos nativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vacceos.

    2. Individuo do pobo vacceo.

    3. Pobo prerromano establecido nas chairas centrais do Duero ata os arredores do Esla. Entre as súas cidades atópanse Pallantina (Palencia) e Cauca (Coca). Dedicáronse á agricultura e inverviñeron en favor dos numantinos na guerra de 137-136 a C. Foron sometidos polos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe recoñecida pola orde do 24 de febreiro de 1977 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A orde do 18 de febreiro de 2000 da consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria modificou o seu regulamento que foi ratificado polo MAPA. A zona amparada para a produción de viño con esta denominación atópase ao NL da provincia de Ourense e abrangue os concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras. A variedade de vide branca preferente é godello, e autorízase a Dona Branca e Palomino; de vide negra a preferente é mencía e autorízanse a Garnacha ou Alacante, Gran Negro e María Ardoña ou Merenzao. Os viños son monovarietais de casta Godello en brancos e Mencía en tintos. Os primeiros son de intenso aroma e teñen unha acidez elevada, e os segundos son de cor vermella-cereixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Camilo Fernández González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada ao NL da provincia de Ourense e ao SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa provincia de León (municipios de Oencia e Sobrado), ao S coa comarca de Viana (concello de Viana do Bolo) e a provincia de Zamora (municipios de Porto e San Justo), ao L, novamente coa provincia de León (municipios de Puente de Domingo Flórez, Benuza e Encinedo), e ao O coas comarcas de Quiroga (concello de Quiroga) e Terra de Trives (concello de Manzaneda). Abrangue unha superficie de 882,4 km2, en que acolle unha poboación de 28.733 h (2001), distribuída entre os concellos do Barco de Valdeorras (85,7 km2, 12.959 h [2001]), O Bolo (91,2 km2, 1.327 h [2001]), Carballeda de Valdeorras (222,7 km2, 2.129 h [2001]), Larouco (23,7 km2, 588 h [2001]), Petín (30,5 km2, 1.131 h [2001]), A Rúa (35,9 km2, 5.041 h [2001]), Rubiá (100,7 km2, 1.734 h [2001]), A Veiga (290,5 km2, 1.367...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comarca de Valdeorras ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da comarca de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás valerianáceas.

    2. Planta da familia das valerianáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou raramente arbustivas con follas opostas, simples ou pinnadas, flores pentámeras, asimétricas, xeralmente hermafroditas, con poucos estames e entomófilas, e froitos en aquenio con vilano. Son propias do Hemisferio Norte e dos Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Formou parte de dúas das expedicións de Cook (1772-1775 e 1776-1780). Escribiu A Voyage of Discovery to the North Pacific and round the World (1798), relato da viaxe que fixo entre 1791 a 1794.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo Fernández Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO