"Ōta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 576.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción de monllos, baixa e ancha, máis pequena ca a meda, que se fai nas leiras despois de segar.
-
-
Relativo ou pertencente a Massalia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Massalia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa, animal ou cousa que se ten como un símbolo, porque se considera que dá sorte.
-
-
Relativo ou pertencente aos mastigomicotas.
-
Fungo da división dos mastigomicotas.
-
División de fungos filamentosos, a maioría acuáticos, que producen zoosporas cun só flaxelo ou con dous. É considerada por moitos autores unha subdivisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
2mata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reserva de metal líquido que ten por obxecto producir, dentro do molde, a presión necesaria para asegurar que o metal líquido ocupe todo o espacio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prótalo formado nos pteridófitos heterosporios a partir dunha megaspora, sobre o que se desenvolven os arquegonios.
-
REXIÓNS
Rexión do O de Asia comprendida entre o Tigris e o Éufrates. Está dividida en dúas partes, a sur, historicamente máis importante, que se estendía por Iraq, e a norte, por Siria e Turquía. Está limitada ao N polas montañas de Armenia, ao SL polo Golfo Pérsico, ao L polo sistema montañoso de Zagros e ao O polo deserto de Siria.
VER O DETALLE DO TERMO
As orixes: os períodos prehistórico e protohistórico
A historia de Mesopotamia documentouse entre 10000 a C e 637, data da conquista musulmá. O período máis importante situouse entre 3100 e 538 a C, durante o que foi berce das civilizacións sumeria, babilónica e asiria. Pola súa excelente posición xeográfica e a súa riqueza agrícola, foi cobizada por tribos nómades como os guti, amoritas, hurritas, casitas e arameos. Durante o período prehistórico (10000-3100 a C), o N de Mesopotamia contou cos xacementos e as culturas máis antigas: Jarmo, onde para moitos prehistoriadores se iniciou a Revolución Neolítica; as culturas de Samarra e a de Tall... -
REXIÓNS
Rexión do NL de Arxentina, no límite con Brasil e Uruguay (194.216 km2). É unha chaira moi pouco accidentada, limitada polos ríos Paraná, Iguazú e Uruguay. Comprende as provincias de Corrientes, Entre Ríos e Misiones, na rexión administrativa de Litoral. As principais riquezas son o mate e a madeira. Os principais cultivos son o arroz e os cítricos. Os núcleos de poboación están situados na beira dos ríos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Mesopotamia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Mesopotamia.
-
Arte desenvolvida en Mesopotamia. A escaseza de pedra e madeira fixo que o material máis empregado fose o barro e que se desenvolvesen o tapial, o adobe e o ladrillo. Coa disposición radial deste apareceu o arco, e coa súa sucesión a bóveda. Os diversos pobos establecidos no territorio (acadios, asirios, babilonios e sumerios) mostraron as súas diferenzas nas formas artísticas. Os sumerios construíron templos de planta rectangular ou cuadrangular, erixidos sobre plataformas, cun ou varios patios interiores, como o de Uruk. A finais do III milenio creouse o cigurat, torre de chanzos de forma piramidal que acolle un templo na súa parte superior, do que destaca o de Ur. Da arquitectura babilónica é característica a construción de palacios, entre eles o de Mari, e da época asiria o palacio de Sargón. Os asirios destacaron tamén na planificación urbana, e consérvanse esculturas en vulto redondo e en relevo. Mentres que a escultura sumeria é de carácter relixioso, a asiria ten unha función política...
-
Conxunto de literaturas desenvolvidas en Mesopotamia, que comprenden a sumeria, escrita nesta lingua, e a asirio-babilónica, escrita en asirio e babilónico. Consérvase basicamente en táboas de arxila. Nas composicións emprégase unha linguaxe metafórica, elegante e chea de elementos repetitivos. Das súas características destacan a preponderancia da poesía sobre a prosa, o predominio da épica e da mitoloxía sobre os outros xéneros, a presenza da relixión e da maxia, a obsesión pola inmortalidade e a vida no mundo inferior, a concepción do home como guerreiro destinado polos deuses ao cumprimento dun destino fatal e o anonimato da obra literaria. Por outra banda, tamén se tratan temas relacionados coas ocupacións cotiás dos mesopotámicos, especialmente o pastoreo e os cultivos agrícolas. Das obras cómpre salientar o poema épico de Gilgameš, onde se narran acontecementos da vida deste rei de Uruk e do seu amigo Enkidu, creado polos deuses para opoñerse a el, e onde aparece a lenda do diluvio;...
-
Relixión propia da antiga Mesopotamia. Componse basicamente da sumeria, modificada polos babilonios e os asirios e caracterízase polo politeísmo, a importancia de culto e a forte xerarquización do panteón. Entre as divindades sumerias, destacaba a tríade de deuses maiores composta por Anu (o Ceo ou o firmamento, o pai dos deuses), Enlil (o aire, fillo de Anu e deus do destino) e Enki (a terra ou o mar, deus do océano subterráneo e da profundidade). Cando os acadios acadaron o poder con Sargón I de Acad, adoptaron as mesmas deidades e cambiáronlles os nomes e, co tempo, a relixión babilónica impúxose sobre as crenzas asirias. As divindades babilónicas formaban a tríade de deidades astrais composta por Šamaš (o Sol, deus da xustiza), Sin (a Lúa) e Ištar (a estrela Venus, deusa do amor e da guerra). Cando apareceron os estados unitarios a partir do s II a C produciuse unha xerarquización dos deuses e cada estado escolleu o seu deus protector. Destacaron Assur en Asiria, Marduk en Babilonia,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de microorganismos propios dunha área determinada, por exemplo, o solo, o intestino ou a vaxina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prótalo que se forma nos pteridófitos heterosporios a partir dunha microspora e sobre a que se desenvolven os anteridios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, que limita ao N coas provincias canadenses de Manitoba e Ontario, ao L con Wisconsin e o lago Superior, ao S con Iowa e ao O con Dakota do Norte e Dakota do Sur (218.600 km2; 4.919.479 h [2000]). A capital é Saint Paul. A parte setentrional, prolongación do escudo canadense, posúe numerosos lagos de orixe glaciario. Ao S da confluencia dos ríos Minnesota e Mississippi comeza a grande área de cultivo de trigo que atravesa o continente de N a S. Destaca a gandaría e a explotación de ferro. A área industrial concéntrase na conurbación de Minneapolis-Saint Paul, con industrias alimentarias, papeleiras, de material eléctrico e químicas. O territorio foi explorado polos franceses (s XVII) e foi dominado sucesivamente por Francia, Reino Unido (1763) e EE UU desde 1783. Os tratados cos dakota (1851) e os ojibwa (1854 e 1855), permitiron a inmigración en masa dos europeos. Constituíuse en estado en 1858.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monstro mítico de corpo humano e cabeza de touro, nacido da unión de Pasífae, muller de Minos, co touro que o deus Posidón, a instancias do rei, lle enviara. Horrorizado pola existencia da nova criatura, Minos fixo construír o labirinto para pechalo e ofreceulle cada ano sete doncelas e sete mozos atenienses, ata que Teseo, axudado por Ariadna, o matou. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
TERRITORIOS
Territorio do Imperio Bizantino establecido en 1348 como centro da política dos gregos. Doado polo Emperador Xoán VI Cantacuceno de Bizancio a seu fillo Manuel Cantacuceno, foi conquistado por Mehmet II en 1460.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á cuncha que presenta unha soa cavidade.
-
Aplícase á flor que presenta un xineceo e unha polinización autogámica.
-
-
-
-
Protuberancia de terra, pequena e illada, que pode ser natural ou artificial.
-
mouta submarina
Acumulación sedimentaria que forma un relevo prismático e alongado á beira dun canón ou dun canal submarino.
-
-
-
Grupo máis ou menos compacto de cousas.
-
Grupo de pelos ou de filamentos na superficie dun órgano ou dunha parte do corpo.
-
Pequena masa de terra compacta.
-
Conxunto de plantas que medran nunha masa de terra compacta.
-
Mata de toxos.
-
-
Capital en cartos que o mariñeiro entrega ao capitán ou ao patrón para comprar mercadorías e negociar con elas durante a expedición.
-
-
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Pexeiros (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.138 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado ao N de Campo de San Juan, nunha zona de lagoas (5.652 h [2001]). É un centro comercial e gandeiro, con industrias derivadas do sector primario. É característica a fabricación de xerras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO