Minnesota

Minnesota

Estado de EE UU, que limita ao N coas provincias canadenses de Manitoba e Ontario, ao L con Wisconsin e o lago Superior, ao S con Iowa e ao O con Dakota do Norte e Dakota do Sur (218.600 km2; 4.919.479 h [2000]). A capital é Saint Paul. A parte setentrional, prolongación do escudo canadense, posúe numerosos lagos de orixe glaciario. Ao S da confluencia dos ríos Minnesota e Mississippi comeza a grande área de cultivo de trigo que atravesa o continente de N a S. Destaca a gandaría e a explotación de ferro. A área industrial concéntrase na conurbación de Minneapolis-Saint Paul, con industrias alimentarias, papeleiras, de material eléctrico e químicas. O territorio foi explorado polos franceses (s XVII) e foi dominado sucesivamente por Francia, Reino Unido (1763) e EE UU desde 1783. Os tratados cos dakota (1851) e os ojibwa (1854 e 1855), permitiron a inmigración en masa dos europeos. Constituíuse en estado en 1858.

Palabras veciñas

Minnelli, Vincente | minnesang* | minnesänger* | Minnesota | Minō | miño | Miño