"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
PERSOEIRO
Político e historiador romano. Combateu contra os galos (225 a C) e participou na Segunda Guerra Púnica. Despois da derrota de Cannas, o Senado enviouno a Delfos (216 a C). Escribiu en prosa a primeira historia de Roma, Anales (205 a C), que comprendía dende a fundación da cidade (747 a C) ata o comezo da Segunda Guerra Púnica. Foi publicada inicialmente en grego e logo traducida ao latín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xentilicio romano Fabius, derivado da voz latina faba ‘faba’, e correspondente ao etrusco Fapi. É cognome dunha ilustre familia romana, á que pertenceron, entre outros persoeiros, Quinto Fabio Píctor, Quinto Fabio Máximo Cunctátor, Quinto Fabio Máximo Verrucosus, Quinto Fabio Máximo Emiliano, Quinto Fabio Máximo Rulliano, Quinto Fabio Máximo Serviliano, Marco Fabio Quintiliano, Marco Fabio Ambusto ou Marco Fabio Buteo. A forma feminina correspondente é Fabia. San Fabio (s III) foi bispo de Antioquía e morreu decapitado en Mauritania. A súa festividade celébrase o 31 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo correspondente á forma feminina diminutiva de Fabio. Santa Fabiola (s IV) celébrase o 21 de marzo.
-
PERSOEIRO
Raíña consorte dos belgas, filla de Gonzalo de Mora y Fernández, marqués de Casa Riera. Casou en 1960 co Rei Balduíno I, matrimonio que non tivo descendencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patricia cristiá pertencente á gens Fabia. Para expiar o divorcio do seu primeiro esposo fixo pública penitencia. Aconsellada por san Xerome viaxou a Palestina e, á súa volta, realizou diversas obras de caridade, como a fundación dun hospital en Ostia (380 a C). A súa festividade celébrase o 21 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sacerdotes que na antiga Roma formaban parte do colexio dos lupercos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria que se caracteriza por unha falta conxénita do enzima glicosa-6-fosfato-deshidroxenase que provoca episodios de anemia hemolítica, con astenia, hemoglobinuria, trastorno dixestivos e febre. Estas crises poden estar causadas pola inxestión de sementes da especie Vici faba ou inhalación do pole desta planta, por determinados medicamentos ou por certas infeccións.
-
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Socialista Francés desde 1974, foi elixido ministro de Industria (1983-1984), primeiro ministro (1984-1986) e ministro de Economía, Finanzas e Industria (2000). Presidiu a Asemblea Nacional entre 1988 e 1992, e novamente entre 1997 e 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Arabia Saudí, fillo de Abd al-’Azīz II. Á morte do Rei Fay Palatino; ṣ āl, converteuse no primeiro vicepresidente do consello de ministros e príncipe herdeiro. No ano 1982 sucedeu o seu medio irmán Hālid. Practicou unha política conservadora e prooccidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo creado polo filósofo K. R. Popper a partir do verbo inglés to falsify (‘refutar’) e que establece un novo criterio de demarcación entre o que é ciencia e o que non é ciencia. Segundo él, un enunciado ou unha teoría é científica se pode ser falseable pola experiencia ou por medio da contradición interna. Desta maneira, o problema formulado por I. Kant sobre como distinguir o que é ciencia do que non, queda resolto. Así, por exemplo, a teoría do Big-Bang é científica porque pode ser falseada pola experiencia mentres que a astroloxía non, porque non pode ser falseada. En definitiva, desprázase a verificabilidade en beneficio da falsabilidade dos sistemas científicos.
-
FILOSOFOS
Filósofo islámico. Coñecido en Occidente como Alfarabius e Abennasar, estudiou o aristotelismo cristián e tentou demostrar que a filosofía grega era suficiente para proporcionar explicacións válidas para o Islam. Afirmou que a omnisciencia divina non implicaba o determinismo, posto que a implicación dun feito polo correspondente coñecemento non é transferida ao feito mesmo. Comentarista de Aristóteles, identificou a doutrina deste coa de Platón. Foi autor de numerosas monografías sobre lóxica, física, metafísica, ética e política. Entre as súas obras destacan As opinións dos habitantes do Estado perfecto, Sobre o goberno político e Ih sā’ al-ulūm (Inventario das ciencias). Escribiu, ademais, un libro sobre música, que constituíu a exposición máis importante da teoría musical da Idade Media. Influíu especialmente sobre Avicena, Ibn Bağğa, Averroes e Maimónides.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Elector e duque de Saxonia (1486-1525), fillo do elector Ernesto I. Renunciou en 1519 á coroa imperial en favor de Carlos V. Fundou a Universidade de Wittenberg (1502) e deu refuxio a M. Lutero en Wartburg (1521) trala Dieta de Worms.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de fiable.
-
Cantidade de crenza posta nun resultado ou nunha medida.
-
Medida da confianza que se pode ter no funcionamento correcto dun sistema ou dun dos elementos que o compoñen. Pódese estudar a fiabilidade dun elemento e a do sistema no seu conxunto, en función do tempo, mediante tres nocións interrelacionadas: a supervivencia, a duración da vida e a probabilidade condicional de fallo ou avaría; destas, a máis instrutiva é a terceira. Cando a proporción de fallos é inicialmente elevada, denomínanse enfermidades infantís do sistema e procúranse eliminar rapidamente os elementos susceptibles de avaría prematura; nun segundo período prodúcense fallos aleatorios ocasionados só polo azar, sen previsión posible; o terceiro período é o de desgaste progresivo, no que pode ser conveniente substituír certos elementos para evitar avarías en momentos intempestivos, nunha operación chamada substitución preventiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma do externalismo que afirma que a crenza pode estar xustificada se a súa formación é o resultado dun proceso fiable, aínda que o crente non sexa consciente do que xustifica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe I de Xermania.
-
-
Calidade de flotable.
-
Forza resultante do empurrón da auga, experimentada polo volume do corpo somerxido nun líquido, oposta ao peso total deste corpo. Se esta diferenza é grande, o corpo queda sobreauga; se é pequena a cara de auga, se é nula permanece indiferente, a flor de auga ou a media auga, e se é negativa vaise ao fondo. A flotación dun barco debe ser tal que, ben somerxido o buque ata a liña de flotación superior, quede suficiente volume fóra da auga a fin de poder navegar con mal tempo. É o que se denomina reserva de flotabilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco di Cristofano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de friable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hondarribia.
-
-
Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.
-
-
Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.
-
Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.
-
-
-
Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.
-
Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.
-
-
Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.
-
Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.
-