Fabio/Fabia

Fabio/Fabia
[ONOM]

Antropónimo que procede do xentilicio romano Fabius, derivado da voz latina faba ‘faba’, e correspondente ao etrusco Fapi. É cognome dunha ilustre familia romana, á que pertenceron, entre outros persoeiros, Quinto Fabio Píctor, Quinto Fabio Máximo Cunctátor, Quinto Fabio Máximo Verrucosus, Quinto Fabio Máximo Emiliano, Quinto Fabio Máximo Rulliano, Quinto Fabio Máximo Serviliano, Marco Fabio Quintiliano, Marco Fabio Ambusto ou Marco Fabio Buteo. A forma feminina correspondente é Fabia. San Fabio (s III) foi bispo de Antioquía e morreu decapitado en Mauritania. A súa festividade celébrase o 31 de xullo.