"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • ILLAS

    Illa do mar Báltico que constitúe administrativamente un amt (condado) de Dinamarca (588 km2; 44.786 h [estim 1998]). A capital é Rønne (15.146 h [1990]). Está separada de Suecia polo Estreito de Bornholm. Os principais recursos económicos son a pesca e as canteiras de caolín. Preto da capital hai unha base militar aeronaval. Son significativas as igrexas-fortaleza dos ss XII e XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical de fórmula C10H17, que deriva do borneol por perda dun hidroxilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cobre e ferro, de fórmula Cu5FeS4. Cristaliza no sistema cúbico, en agregados de cor vermella intensa. É unha fonte importante para a extracción do cobre. Ten dureza 3 e peso específico 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (70.898 km2; 2.903.238 h [estim 1995]). A capital é Maiduguri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, na comarca da Sierra de Cádiz (8.054 h [1996]). Está drenado polo Guadalete, que forma dentro do termo o encoro de Bornos, cunha superficie de 20 km2. A maior parte da poboación ocupada emprégase no sector primario, destacando a gandería, fundamentalmente bovina, e a agricultura cerealística. Así mesmo, teñen certa importancia as actividades relacionadas coa explotación turística dos recursos paisaxísticos serranos. No concello atópase a cidade iberorromana de Carissa Aurelia, que ostentou a categoría de municipium e posteriormente cives romani, abandonada tralas invasións bárbaras. Durante a ocupación islámica revitalizouse a actividade agrícola. En 1248 foi conquistada polos casteláns durante a toma de Sevilla. En 1398 asentáronse alí os adiantados maiores de Andalucía, o que repercutiu no grande esplendor da vila, que comezou a súa decadencia nos ss XVII e XVIII. Entre o seu patrimonio arquitectónico sobresaen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da conca do lago Chad, ao NL de Nixeria, que abrangue unha superficie duns 250.000 km2). O territorio, de area e arxila, está atravesado polos ríos Komadugu Yobe, Komadugu Gana e Ngadda, que verten ao lago Chad. Posúe unha vexetación de estepa ao N e de sabana e bosque claro ao S. Os principais recursos económicos son a agricultura (cultivo de cacahuetes e algodón) e a gandería bovina e equina. Está poboada por kanuris, tuaregs e árabes. O Islam é a relixión maioritaria. As principais localidades son Maiduguri e Nguru (terminais de ferrocarril), Potiskum, Damaturu e Dikwa. As primeiras noticias do antigo imperio de Bornu datan do s IX, cando foi invadido polos sewafos, e o primeiro Rei (mai) foi Dugu, da dinastía Sayfiyya (cara ao 800). Un dos reis desta dinastía, Houmé (1085-1097), converteuse ao Islamismo. Os seus sucesores estableceron relacións comerciais con Tunisia, Exipto e outros pobos do Mediterráneo, o que explica o desenvolvemento económico e político...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico pertencente ao grupo III A da táboa periódica, de número de oxidación 3 e que só se enlaza por covalencia do que se coñecen dous isótopos naturais estables de masa 10 e 11. Atópase en forma cristalina e amorfa. Foi descuberto por Gay-Lussac, Thénard e Davy en 1808, pero ata 1909 E. Weintraub non o obtivo en estado puro. Contribúe nun 0,001% na composición da codia terrestre, onde normalmente se atopa en forma de boratos. Os minerais máis importantes son tetraboratos de sodio hidratados: o decahidrato (bórax), o pentahidrato (tincalconita) e o tetrahidrato (rasorita ou kernita). A gran reactividade do boro a alta temperatura, xunto co seu alto punto de fusión, dificultan a súa obtención en estado puro. A pesar desta dificultade, o boro pode ser atopado no mercado cunha proporción dunha parte de impurezas por millón. Outra forma comercial do boro é o ferroboro, aliaxe con ferro que contén ata un 20% de boro que, ao ser engadido en cantidades inferiores ao 0,003% ao ferro...

    2. Calquera composto formado por boro e hidróxeno. Corresponde á fórmula B n H n+4 (borano) ou B n H n+6 (dihidroborano).

    3. Cada unha das dúas formas sólidas de fórmula empírica BN que forma o boro co nitróxeno. Unha delas ten estrutura cristalina cúbica, comparable en todo á do diamante (borazón). A outra, moi semellante ao grafito, chámase simplemente nitruro de boro, aínda que tamén se lle dá o nome de grafito inorgánico e ten como célula elemental unha unidade hexagonal e unha estrutura macromolecular en capas.

    4. Sólido semitransparente, de aspecto vítreo, higroscópico, preparado pola ignición do ácido bórico. Emprégase en metalurxia, en análise química, na fabricación de vidros resistentes ao lume, etc.

    5. Líquido incoloro, obtido pola reacción do óxido bórico con pentacloruro de fósforo. Emprégase como catalizador en síntese orgánica e como materia prima para a obtención de moitos compostos de boro.

    6. Gas incoloro, soluble en solventes orgánicos. É o ácido de Lewis máis forte que se coñece, polo que ten un alto valor como catalizador en química orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega na composición de palabras co significado de ‘boro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pan feito con fariña de millo. Ten unha codia moi grosa e chámase tamén pan de millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana da familia joisana e do grupo sudafricano meridional. Fálase en Sudáfrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de goles, unha boroa. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Broa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Medicina na Universidad de Zaragoza. Gañou o Gran Premio na Exposición Hispano-Francesa (1908) e a medalla de ouro na Exposición de Santiago (1909) polo seu traballo Cuadro gráfico de mortalidad infantil y cinco planos sanitarios de Zaragoza. Ademais, publicou Psicología popular de los sitios de Zaragoza (1910); Acción social de la Universidad (1910); La Medicina en el Fuero de Teruel (1915) e Origen del hombre según Santo Tomás (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raimundo García Domínguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran santuario budista de Xava central (s VIII) correspondente ao primeiro período da arte xavanesa (ss VIII-X). Está composto de nove terrazas escavadas nun outeiro, que conteñen dagobas, estatuas de Buda e baixorrelevos. Restaurado pola UNESCO, en 1985 foi danado por unhas bombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Na súa xuventude realizou estudios musicais e licenciouse en Medicina (1856), sendo profesor da Academia de Medicina e Cirurxía de San Petersburgo dende 1862. Formou parte do Grupo dos Cinco xunto con Balakirev, Cui, Musorgski e Rimski-Korsakov, coa intención de crear unha escola de música nacionalista rusa. A súa obra principal é a ópera O príncipe Ígor (1869-1887), acabada por Rimski-Korsakov e Glazunov, xunto co cadro musical Polas estepas de Asia central (1880). Da súa produción camerística destaca o Quinteto con piano en do menor (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Axitador soviético, coñecido como Grusenberg. Despois de levar a cabo actividades en América Central e Gran Bretaña, dirixiu a delegación soviética en Cantón (1924). Conselleiro de Sun Yatsen e organizador do Guomindang, Chiang Kaishek expulsouno da China (1927). De volta á URSS, desapareceu no ano 1951. Foi rehabilitado no ano 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de armas que tivo lugar en 1812 na localidade de Borodino, preto de Moscova, que acabou coa vitoria de Napoleón na súa campaña de Rusia (5-7 de setembro de 1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou a quen lle gusta comer boroa.

    2. Que come moito e con extraordinario ímpeto.

    3. Quen fai ou vende boroas.

    4. Persoa grosa, de aspecto rústico e groseiro ou de figura ordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de ácido bórico e de glicerina usado como antiséptico.

    VER O DETALLE DO TERMO