"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de anticipar ou anticiparse.
-
Segundo os epicúreos a prolepse (nome grego con que denominan á anticipación) é unha imaxe ou pensamento do xeral que se dá espontaneamente coa percepción do particular, serve para detallar despois o seu coñecemento. Entre os estoicos designaba as ideas xerais e precisas, sobre todo aplicándoo ao coñecemento natural do absoluto, que se anticipa a calquera outro. Francis Bacon dálle o nome de anticipacións da natureza ás xeneralizacións realizadas sobre a base dun número pequeno de feitos que se consideraban verdadeiros. Kant chamou anticipacións da percepción a certas aplicacións xerais das categorías do entendemento aos datos da sensación. Os lóxicos denominan anticipación da experiencia á hipótese.
-
Figura retórica argumentativa mediante a que unha persoa que fala refuta de antemán as obxeccións que se lle poidan facer, deixando deste modo sen argumentos ao adversario.
-
Nota que soa antes do acorde ao que pertence.
-
Fenómeno psíquico en virtude do cal o suxeito vive imaxinativamente o futuro.
-
Nun proceso de mecanización con mando numérico, procedemento que permite eliminar o exceso de percorrido do órgano móbil (por exemplo, a táboa dunha máquina de traballo) por mor da inercia.
-
Tendencia dos órganos de fonación a adoptar, durante a emisión dun fonema, as condicións favorables de emisión, tensión e movemento do fonema seguinte en todos os tipos de secuencia fónica.
-
Delito consistente no exercicio dun cargo ou función pública sen ter dado fianza ou sen ter feito o xuramento ou promesa establecido legalmente; tamén incorre neste delito o funcionario público que admite no exercicio do cargo a quen non cumpriu as formalidades indicadas.
-
Fenómeno que se produce cando un elemento que pertence a unha unidade sintáctica se sitúa nunha anterior, non podendo, daquela, aparecer un substituto (pronome ou adverbio).
-
ciencia fición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
contracepción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
contraceptivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario á constitución ou ao resto das normas que forman parte do bloque da constitucionalidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.
-
-
Aplícase ás aliaxes metálicas utilizadas en pezas suxeitas a rozamento provocado por desprazamento. Destínanse sobre todo ás chumaceiras que soportan árbores en rotación, cabezas de bielas, etc. As aliaxes antifricción teñen que presentar dureza para poder reducir o rozamento. Tamén deben minimizar as posibilidades de enferruxamento, é dicir, ser plásticas. Dese xeito poden asegurar o axustamento automático das pezas que rozan, así como compensar pequenos defectos de aliñación ou irregularidades da superficie e conseguir a incrustación de partículas estrañas. Deben ser, ademais, bos condutores térmicos, para evitar quentamentos excesivos. As aliaxes antifricción comprenden tres grupos principais: aliaxes a base de estaño (80-92%), antimonio (3-15%) e cobre (3-10%); aliaxes nas que o chumbo substitúe o estaño e o cobre, totalmente ou en gran parte; e aliaxes nas que o principal constituínte é o cobre. Nestes casos, trátase de bronces ordinarios (cun 5-15% de estaño) ou especiais (fosforosos...
-
-
Metal antifrición.
-
antifricción autolubricante
Calquera das aliaxes de antifricción que se obteñen pola metalurxia de pos que, en virtude da súa porosidade, poden impregnarse de aceite para converterse en autolubricantes. Os máis usuais son os bronces (90% Cu-10% Sn).
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno hipotético de natureza similar á gravitación, pero de efecto contrario, que xurdiría da suposta existencia -aínda que non comprobada na práctica- de masas negativas e daría lugar a unha repulsión mutua entre os corpos de masa positiva e os de masa negativa.
-
-
Que actúa contra as infeccións.
-
Fármaco que combate as infeccións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou doutrina que lle nega á razón a posibilidade de comprender o real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é partidario do antirracionalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se opón á revolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de metamorfose que converte o carbón bituminoso en antracita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación dun ente non humano, como por exemplo un animal, unha cidade, un produto comercial, etc mediante un antropónimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que un apelativo, unha palabra xenérica ou unha frase, se converte nun antropónimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma peculiar de determinismo racial creada simultaneamente en Francia por Georges Vacher de Lapouge (1896) e en Alemaña por Otto Ammon (1898), baseada en estatísticas interpretadas baixo o prexuízo da superioridade do louro dolicocéfalo.
-
-
Acción e efecto de anular ou anularse.
-
Formación de aneis.
-
Formación circular semellante a un anel.
-
Acción e efecto de anular un acto ou un negocio xurídico.
-
Na psicanálise, mecanismo de defensa que consiste en transformar afectos, pensamentos, palabras, xestos ou actos pasados, inaceptables para o suxeito consciente, nos seus contrarios.
-
-
-
Acción de anunciar.
-
-
Anuncio feito a María polo arcanxo Gabriel de que sería nai do Mesías. Os pais da Igrexa consideran que este foi o momento no que o Fillo de Deus se encarnou.
-
Festa coa que a Igrexa celebra este misterio: 25 de marzo. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín eclesiástico annuntiatio ‘anunciación, anuncio’, derivado de annuntio. Este último termo procede de ad-nuntio ‘anunciar’, composto de ad ‘cara a, en dirección a’ e nuntio ‘informar, notificar’ e este, á súa vez, deriva de nuntius ‘nuncio, mensaxeiro’. Este antropónimo ten unha orixe cristiá; alude ao anuncio do nacemento de Xesús (“Anunciación a María”), relatado no evanxeo de san Lucas. A Anunciación tamén se coñece cariñosamente como a “Nosa Señora das Merendas”, porque a súa festa marca o comezo dos traballos nas veigas e, xa que logo, das merendas fóra da casa. A festividade da Anunciación, que antano se celebraba o 18 de decembro por non cadrar co espírito da Coresma, trasladouse logo ao 18 de decembro. Actualmente festéxase o 25 de marzo agás en Entrimo, onde se conmemora o 5 de agosto, e en Baiona, onde se celebra os días 5 e 10 de agosto. A Anunciación é titular dunha parroquia. Unha variante deste antropónimo...
-
-
Acción e efecto de anunciar.
-
-
Comunicación elaborada con textos, imaxes ou sons dirixida a un público concreto e divulgada a través dun medio publicitario co obxectivo de persuadir ou informar sobre a existencia das calidades dun produto ou servicio. A difusión dun anuncio realízase a través de medios masivos como a televisión, radio, diarios, revistas, cine ou Internet. A variedade de formatos dos anuncios en prensa é a seguinte: dobre páxina, unha páxina, pé de páxina, media páxina (horizontal ou vertical), dobre media páxina, robapáxina, módulos, especiais ou encartes. A variedade de formatos televisivos son o espot ou comercial de televisión, patrocinio ou esponsorización, publicidade estática, as sobreimpresións, publirreportaxes, telepromoción e televenta, produt placement e bartering. O formato máis estendido en radio é a cuña publicitaria.
-
Inserción publicitaria que se fai na prensa.
-
anuncio por palabras
Anuncio consistente nun texto breve, xeralmente con abreviaturas e de estilo telegráfico, publicado nunha sección específica (onde estes anuncios se clasifican por temas) en gran parte da prensa diaria.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máscara propia do entroido de certos lugares que adoita levar chocallos e unha vara cunha bolsiña chea de cinsa, salvado ou farelo.