"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. En 1757 trasladouse a Inglaterra, onde construíu un telescopio de reflexión (1773-1774) e en 1781 descubriu o planeta Urano. Estudiou as nebulosas, as estrelas dobres, os cometas e dous satélites de Saturno, e detectou os raios infravermellos no espectro solar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, máis coñecido como John Heartfield, está considerado un dos primeiros creadores da fotomontaxe, que empregou como medida de crítica contra o nazismo. Formou parte do círculo dadaísta de Berlín e publicou 12 Fotomontagen aus den Jahren (1930-1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. Traballou no campo da cinética das reaccións químicas. Son relevantes os seus estudios da cinética química dalgúns enzimas bacterianos. En 1956 compartiu con Sem’onov o Premio Nobel de Química polas súas achegas á cinética química.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do megye de Csongrád, Hungría (48.000 h [2000]). É o mercado dunha fértil comarca agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Illou a anilina do alcatrán, determinou as substitucións sobre o anel bencénico, investigou no campo dos alcaloides e fixou a estrutura dos colorantes do trifenilmetano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico alemán. Descubriu a alternancia de xeracións en liques e fentos e descubriu o desenvolvemento embrionario das fanerógamas. Unificou tamén a concepción da reprodución de vexetais e estableceu as bases dunha clasificación filoxenética ao facer patentes as relacións entre liques, fentos, ximnospermas e anxiospermas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi pintor de cámara do Rei Filipe V de España (1715). Cultivou temas mitolóxicos (Bacanal, 1719), o retrato (Don Luís, príncipe de Asturias, 1717), temas relixiosos (Sagrada Familia con san Xoán, 1726) e a paisaxe (Vista de El Escorial). Seu pai, René-Antoine Houasse (París 1644-1710), participou na decoración de Versailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e filólogo alemán. Os seus estudios sobre literatura e antropoloxía levárono a relacionarse con Goethe e con outros poetas de Weimar. Participou na fundación da Universidade de Berlín, da que foi o primeiro reitor (1809-1810). Tamén asistiu ao Congreso de Viena (1814-1815) e colaborou na redacción dos tratados que puxeron fin ás guerras napoleónicas e na elaboración de distintos proxectos de carácter liberal. Despois de retirarse da vida política, dedicouse á investigación lingüístico-filosófica e á pedagoxía. Foi autor de manuscritos posteriormente editados como o Gesammelte Schriften.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liña trazada sobre un mapa que une os puntos nos que se rexistran os mesmos valores de insolación.
-
PERSOEIRO
Músico francés, fillo de Maurice Jarre. Debutou en 1977 co disco Oxygene, que o converteu no pioneiro da música electrónica e do new age. Da súa discografía destaca tamén Magnetic Fields (1981), Chronologie (1993), Odyssey Through 02 (1998) e Metamorphoses (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor francés. Director das obras de Notre-Dame de París, fixo as fachadas do cruceiro e as capelas laterais da nave. No eido da escultura fixo a Histoire de Théophile (1250) na portada N.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor danés. As súas ideas están influenciadas polo darwinismo e exaltan as razas nórdicas nun ton lírico visionario. Destaca Den lange Rejse (A longa viaxe, 1908-1922). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Punjab, Paquistán, situada ao S do país (106.462 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Os seus experimentos sobre a herdanza en liñas puras de vexetais permitíronlle distinguir entre particularidades xeotípicas e fenotípicas. Considérase un dos fundadores da xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar alemán. Participou na Primeira Guerra Mundial como comandante de artillería. Xeneral en 1934, A. Hitler nomeouno xefe do mando supremo da Wehrmacht en 1938. Durante a Segunda Guerra Mundial foi o principal responsable da política militar alemá e ascendeu a mariscal. Asinou a rendición en Wehrmacht ante G. K. Žukov o 8 de maio de 1945. Xulgado por crimes contra a humanidade polo Tribunal Internacional de Nuremberg, morreu aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e compositor. Famoso polas súas interpretacións das obras de Beethoven, gravou numerosos discos e realizou actuacións por todo o mundo. Foi autor de dúas sinfonías, un concerto para piano e orquestra (1915), óperas e música de cámara. Recibiu o Premio Mendelssohn (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, unha das 32 que integran a área metropolitana do Gran Londres, na beira N do río Támesis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto montañoso de Austria que se sitúa sobre o val de Salzach.
-
(Ludwigshafen, Renania-Palatinado 3.4.1930) Político alemán. Membro da Christlich Demokratische Union Deutschlands (CDU) desde 1947, foi xefe de goberno do estado federado de Renania-Palatinado (1969-1976). En 1973 foi designado presidente da CDU e en outubro de 1982, trala vitoria electoral da democracia cristiá (CDU-CSU), foi nomeado chanceler da RFA, cargo que renovou en 1987. Impulsou a política de reunificación das dúas Alemañas e, cando se produciu esta (1990), foi elixido chanceler do novo Bundestag unificado despois das eleccións de 1990, e reelixido en 1994. O seu goberno caracterizouse polo seu labor a prol da Comunidade Europea e da Unión Monetaria Europea. Trala derrota electoral da democracia cristiá (1998), foi substituído por G. Schröder.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillaume Apollinaire.