Humboldt, Karl Wilhelm

Humboldt, Karl Wilhelm

Político e filólogo alemán. Os seus estudios sobre literatura e antropoloxía levárono a relacionarse con Goethe e con outros poetas de Weimar. Participou na fundación da Universidade de Berlín, da que foi o primeiro reitor (1809-1810). Tamén asistiu ao Congreso de Viena (1814-1815) e colaborou na redacción dos tratados que puxeron fin ás guerras napoleónicas e na elaboración de distintos proxectos de carácter liberal. Despois de retirarse da vida política, dedicouse á investigación lingüístico-filosófica e á pedagoxía. Foi autor de manuscritos posteriormente editados como o Gesammelte Schriften.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Potsdam

  • Deceso

    Lugar : Castelo de Tegel, preto de Berlín