Kohl, Helmut

Kohl, Helmut

(Ludwigshafen, Renania-Palatinado 3.4.1930) Político alemán. Membro da Christlich Demokratische Union Deutschlands (CDU) desde 1947, foi xefe de goberno do estado federado de Renania-Palatinado (1969-1976). En 1973 foi designado presidente da CDU e en outubro de 1982, trala vitoria electoral da democracia cristiá (CDU-CSU), foi nomeado chanceler da RFA, cargo que renovou en 1987. Impulsou a política de reunificación das dúas Alemañas e, cando se produciu esta (1990), foi elixido chanceler do novo Bundestag unificado despois das eleccións de 1990, e reelixido en 1994. O seu goberno caracterizouse polo seu labor a prol da Comunidade Europea e da Unión Monetaria Europea. Trala derrota electoral da democracia cristiá (1998), foi substituído por G. Schröder.