"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. de civilizar ou civilizarse.

    2. Que ten un determinado grao de civilización. Ex: Tal como se comportan parece xente que non está civilizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen civiliza. Ex: Na actualidade existe unha visión máis crítica do labor civilizador do Imperio. Os civilizadores de amplas zonas do continente foron os misioneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer pasar a unha colectividade de persoas do seu estado cultural e material a outro estado supostamente máis avanzado. Ex: Os pobos grecolatinos civilizaron a Europa occidental.

    2. Facer a alguén máis delicado e afable no trato cos demais.

    3. Pasar unha colectividade de persoas do seu estado cultural e material a outro estado supostamente máis avanzado. Ex: Os máis dos pobos bárbaros civilizáronse a través do contacto con Roma.

    4. Facerse máis delicado e sociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha de ata 12 mm de lonxitude, moi alongada e estreita, de cor acastañada escura cos labios brancos. En Galicia é común a especie C. bidentata, presente xeralmente na casca das árbores, en pedregais e nos valados húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformidade permanente dos dedos que adoptan unha curvatura central. Polo xeral vai asociada a outras deformacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á clorofila.

    2. Que contén clorofila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Penicilina isoxazolílica semisintética resistente á penicilinase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e anticuario alemán. As súas principais obras son Germaniae Antiquae libri (Libros da Antiga Xermania, 1616) e Italia antiqua (A Italia antiga, 1624). Tamén realizou o primeiro ensaio dun tratado de xeografía histórica e política titulado Introdutio in universam geographiam (Introdución á xeografía xeral, 1624).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de coercible.

    2. Atributo da norma xurídica que lles outorga aos órganos xurisdicionais do Estado a posibilidade de impoñer a observancia da sentencia coactivamente e de establecer a sanción correspondente no caso de que esta fose violada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cognoscible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Embaixador en España, foi redactor do Mercure de France e fundador de Cosmópolis (1894), revista de carácter modernista. É autor de narracións breves recollidas en Palabras (1896) e La escondida senda (1927). Postumamente se publicou A paso errante (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Deputado da Democracia Cristiá desde o ano 1946, no ano 1970 foi nomeado presidente dun goberno de centro esquerda, cargo que ocupou ata o ano 1972. Membro do Parlamento Europeo dende 1976 a 1980, ocupou a súa presidencia durante o período 1977-1979. Nos anos oitenta volveu asumir tarefas de goberno, como a de ministro de Asuntos Exteriores (1980-1983 e 1992-1993) e de Finanzas (1988-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Chegou a Inglaterra (1595?), onde se converteu en mestre escultor da coroa en 1608. Realizou as tumbas de Isabel I en Westminster Abbey (1605) e de Robert Cecil en Hatfield.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de criar pombas para potenciar as súas calidades naturais de orientación empregándoas como mensaxeiras. Dende a Antigüidade aproveitouse a súa capacidade de regresar ao niño para enviar mensaxes. Do uso bélico das pombas mensaxeiras hai testemuño nas primeiras grandes civilizacións do Crecente Fértil: mesopotámicos e exipcios precederon aos gregos e romanos na súa utilización, que se prolongou ata despois da Segunda Guerra Mundial. A súa importancia estratéxica era tan grande que para interceptalas, os exércitos inimigos utilizaron falcóns. Malia os avances das telecomunicacións, as pombas mensaxeiras continúan a empregarse para fins militares e civís; ademais, converteuse nunha disciplina deportiva practicada en todo o mundo. En 1894 creouse a Real Federación Española de Colombofilia. As competicións desenvólvense sempre deste xeito: os ovos incúbanse durante 17 días; unha semana despois do seu nacemento colócaselles un anel de identificación; aos 30 días trasládanse ao pombal de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escalador e guía italiano. Foi un dos fundadores da escola alpina moderna. Efectuou máis de setenta primeiras ascensións de gran dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade comercial por accións, constituída en 1733 por iniciativa do comerciante gaditano Manuel de Arriaga, que monopolizou o comercio con Filipinas. En 1783, Carlos III autorizou o banqueiro Cabarrús a ampliar o capital e outorgoulle o privilexio de comerciar con África, as Indias e Filipinas. Trala Guerra da Independencia decaeu ata a súa disolución en 1834.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de compatible.

      1. Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.

      2. compatibilidade cara a adiante

        Capacidade dun equipo ou aplicación para seren ampliados.

      3. compatibilidade cara a atrás

        Capacidade de traballar un programa ou un accesorio dun ordenador con equipos ou aplicacións máis antigos que para os que foi deseñado.

      4. compatibilidade Hayes

        Capacidade dun módem para responder ao mesmo conxunto de comandos de marcado automático que o Hayes Smartmodem. Case todos os módems da actualidade son compatibles co estándar Hayes.

      5. compatibilidade PC

        Capacidade dun ordenador para executar o mesmo programa e utilizar os mesmos accesorios de hardware do estándar coñecido como PC IBM e de ordenadores máis recentes do mesmo tipo. Algúns ordenadores poden emular por software eses modelos e executar software de PC nunha unidade central de proceso completamente diferente, como unha RISC de Sun ou un chip Power PC. Se un ordenador só necesita intercambiar datos cun PC IBM, non necesita ser compatible co estándar de IBM; só lle cómpre un medio de comunicacións axeitado, como as liñas telefónicas ou unha rede de área local co software axeitado.

    2. Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.

    3. consistencia.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de composible.

    VER O DETALLE DO TERMO