"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Picardie, Francia (5.861 km2; 766.441 h [1999]). A súa capital é Beauvais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1968 por Arabia Saudí, Kuwait e Libia para conseguir a cooperación petroleira entre os estados membros e as melloras técnicas e económicas na explotación e comercialización do seu petróleo. Despois do golpe de estado de Moammar al-Gaddafi en Libia, e a entrada de Alxeria e Iraq, a organización mostrouse como un instrumento de presión, tanto económica como política, cara aos países consumidores de petróleo e as empresas multinacionais do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en 1961 para unificar as políticas petroleiras dos países membros e determinar as accións máis axeitadas para protexer os seus intereses individual e colectivamente. Despois da Conferencia de Teherán de 1971 e a Guerra Árabe-israelí de 1973, os países da OPEP aproveitaron a forte dependencia e vulnerabilidade enerxética mundial respecto do seu petróleo para formar un cártel de presión económica e política, elevando fortemente os prezos do petróleo e aumentando a súa capacidade de negociación con outros países e coas empresas multinacionais petroleiras. A partir da década de 1980, como consecuencia da crise económica que fixo diminuír a demanda de petróleo dos países industrializados e a descuberta de novos xacementos de petróleo, minguou notablemente o seu control sobre o mercado de hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución, necrose ou disolución dos ósos, principalmente a que está producida pola perda dos sales de calcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que consiste na degradación oxidativa de olefinas pola acción do ozono no dobre enlace. Ten utilidade na síntese de aldehidos, cetonas e ácidos para a localización de dobres enlaces en alquenos de estrutura descoñecida mediante a identificación dos fragmentos así orixinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa noroccidental, que limita ao O e ao N co mar do Norte, ao L con Alemaña e ao S con Bélxica (41.526 km2; 16.044.000 h [estim 2001]). A súa capital é Amsterdam.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Unha parte, case a metade, de Países Baixos, forma parte da gran chaira de Alemaña setentrional, mentres que a outra metade se identifica co delta do Rin e do Mosa. Un 50% do territorio neerlandés atópase baixo o nivel do mar (ata 7 m) e o resto está formado por rexións planas ou lixeiramente onduladas, ata 50 m, que se elevan leve e progresivamente cara ao S, onde se atopa, en Limburg, o punto máis alto con 322 m de altitude; e cara ao L. Xeoloxicamente, corresponde a unha zona de afundimento desde o Paleozoico, onde se acumularon grandes capas de sedimentos. O litoral tivo un papel de primeira orde na vida do país. Esténdese ao longo de case 1.000 km e está formado por un cordón de dunas que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos Países Baixos do Sur para designalos durante o tempo en que estiveron baixo a dominación de Austria (1713-1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que enfrontou, entre 1568 e 1648 os Habsburgo hispánicos coas súas posesións no territorio coñecido historicamente como Países Baixos (Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos e Artois), cando estas se rebelaron na busca da súa independencia con respecto á monarquía hispánica. Posesión de Carlos V desde 1515, Países Baixos iniciou o enfrontamento baixo o reinado do seu fillo Filipe II. Buscaban a independencia, tanto a nivel político, como económico - pois era un dos eixes comerciais máis importantes do momento- e relixioso, xa que eran partidarios do calvinismo, fronte ao catolicismo ferreamente defendido por Filipe II. Os primeiros saqueos a cidades e conventos déronse en 1566, polo que o monarca decidiu (1588) enviar un exército comandado por Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel. Pero nin el, nin o seu substituto Luis de Requesens Zúñiga conseguiron frear a revolta -liderada por Guillerme I de Orange-Nassau- e a súa duración tivo como consecuencia un endebedamento crónico da Coroa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pobos de lingua e cultura célticas. Inclúe Bretaña (Breizh), Cornualla (Kernov), Escocia (Alba), Irlanda (Éire), illa de Man (Mannin), Gales (Cymru) e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político checo. Antirrevolucionario, defendeu a autonomía de Bohemia dentro dun sistema austríaco federal e impulsou o nacionalismo bohemio. Presidiu o congreso paneslavo de Praga (1848) e das súas obras destaca Geschichte von Böhmen (Historia de Bohemia, 1836-1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura da bóveda palatina como prolongación da fisura do labio leporino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do extremo SL da Illa do Norte, situado en Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla palmatinervia con divisións que chegan ata o punto de inserción do limbo co pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplasia xeneralizada da medula ósea na que se acadan niveis anormalmente baixos de todos os elementos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico de John Milton, publicado en dous cantos en 1667 e en doce en 1674. Seguindo as formas da épica clásica e modelo da poesía cristiá heroica, o autor presenta como tema principal a caída dos anxos rebeldes e a fuxida de Adán e Eva do Paraíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das liliáceas, que presentan rizomas curtos, follas lineares, con flores en forma de campá e pedunculadas agrupadas en acio. En Galicia atópase a especie P. lusitanica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paradiseídeos.

    2. Ave da familia dos paradiseídeos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, de 16 a 120 cm, que teñen o bico forte, as patas robustas e presentan un marcado dimorfismo sexual, xa que a plumaxe dos machos é de cores relucentes e formas vistosas e orixinais. Coñécense co nome xeral de aves do paraíso, e viven en Nova Guinea, nas illas Molucas e no NL de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Célula ou filamento pluricelular estéril, que crece xunto coas células fértiles formadoras de esporas ou de gametos.

    2. basidiolo.

    3. Tricoma que protexe os soros de certas pteridófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deficiencia ou perda da motricidade ou de calquera función sensitiva, motora ou secretora. As parálises motoras poden ser centrais ou periféricas. As parálises centrais prodúcense por lesións da neurona motora superior e poden ser de carácter encefálico ou medular e de tipo vascular, tumoral ou traumático. As parálises periféricas ou fláccidas son consecuencia das lesións da neurona motora inferior, dos nervios periféricos ou da sinapse neuromuscular, e son debidas a causas víricas, tóxicas ou metabólicas. Segundo a localización e distribución da parálise, denomínanse monoplexía (cando está afectado un só membro), hemiplexía (a metade do corpo), paraplexía (as pernas) e tetraplexía (as catro extremidades).

    2. Afección non progresiva que se debe a lesións cerebrais que poden ser producidas por traumatismos cerebrais provocados por un parto difícil, lesións conxénitas, infeccións prenatais ou mesmo conflitos do Rh. Foi descrita polo médico británico William John Little (1810-1894). OBS: Tamén se denomina encefalite conxénita de Little.

    3. Perda da mobilidade e da sensibilidade nunha zona muscular.

    4. poliomielite.

    5. Parálise do neonato que está provocada por un traumatismo durante o parto.

    6. Afección neurolóxica do período terciario da sífilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista italiano. Comezou a súa carreira literaria con Il ragazzo morto e la cometa (1951), e conseguiu un éxito total con Il prete bello (1954). Posteriormente publicou as novelas Il fidanzamento (1956), Amore e fervore (1959), Il padrone (1965) e Biafra (1968), o diálogo L’assoluto naturale (1966), os apólogos de Il crematorio di Vienna (1969), contos como Sillabario nº 1 (1972) ou Sillabario nº 2 (1982), diversas reportaxes xornalísticas e o libro de narracións Gli americani a Vicenza (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO