Organización de Países Árabes Exportadores de Petróleo

Organización de Países Árabes Exportadores de Petróleo
Nome científico: [OPAEP]

Organización creada en 1968 por Arabia Saudí, Kuwait e Libia para conseguir a cooperación petroleira entre os estados membros e as melloras técnicas e económicas na explotación e comercialización do seu petróleo. Despois do golpe de estado de Moammar al-Gaddafi en Libia, e a entrada de Alxeria e Iraq, a organización mostrouse como un instrumento de presión, tanto económica como política, cara aos países consumidores de petróleo e as empresas multinacionais do sector.