Organización do Tratado Central
Organización do Tratado Central
Organización defensiva multilateral creada en 1959 por Turquía, Irán, Paquistán e Reino Unido, despois de que Iraq abandonase o Pacto de Bagdad en 1955. Os seus obxectivos eran a defensa conxunta ante posibles agresores e a cooperación para o desenvolvemento económico e científico. A súa denominación alude a unha zona central entre as rexións incluídas na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e na Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE). EE UU relacionouse coa organización a través de acordos bilaterais cos países membros. A sede inicial de Bagdad trasladouse a Ancara (Turquía) en 1958. A organización disolveuse en 1979, tras a retirada de Irán e Paquistán.