Organización do Tratado do Sueste Asiático

Organización do Tratado do Sueste Asiático
Nome científico: [OTASE; ingl: South East Asia Treaty Organization, SEATO]

Organismo creado polo tratado militar de defensa en 1954 por Australia, EE UU, Filipinas, Francia, Reino Unido, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia para se opoñer ás actividades militares promovidas pola República Popular China. Foi disolto en 1977, debido á mellora das relacións de EE UU e doutros países da OTASE con China.