"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Regatista. Proclamouse campión olímpico ao gañar a medalla de ouro da clase Finn nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988. Foi tres veces campión mundial e noutras tres ocasións campión de Europa. Ademais, acadou unha medalla de prata e outra de bronce en campionatos mundiais, e unha de prata en campionatos de Europa. Concedéuselle a Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Coñecido como Paul Doumer, foi deputado polo departamento de Yonne (1889) e accedeu ao ministerio de Finanzas no goberno de Léon Bourgeois (1895). Nomeado gobernador xeral de Indochina (1897-1902), no seu mandato estableceu a estrutura administrativa da colonia e obrigou a poboación local ao pago de impostos. Reincorporouse á política activa como deputado dende 1902 e accedeu ao Senado en representación de Córsega (1912). Ministro de Finanzas nos gabinetes de Aristide Briand (1921-1922; 1925-1926), foi presidente do Senado (1927-1931). O 6 de maio de 1931 foi designado presidente da República. Morreu asasinado polo anarquista ruso Pavel Gorgulov.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Realizou retratos dos líderes revolucionarios, entre os que destacan os de Mirabeau, Robespierre, Barnave e Saint Just. Foi pintor de cámara da arquiduquesa María Antonieta de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formado na Escola de Llotja e con E. Arnau, instalouse en París (1905-1927), onde expuxo na Societé Nationale des Beaux Arts e no Salon d’Automne. Traballou para a Exposición Internacional de 1929. Destacan, entre outros, os retratos de Josep Pla, Pompeu Fabra e Xavier Nogués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador colonial. Colonizador da India (1720-1754), en 1742 foi nomeado administrador xeral da Compañía de Indias. Durante a Guerra de Sucesión de Austria arrebatoulles Madrás aos ingleses (1746). Regresou a Francia en 1754 e todas as súas adquisicións se perderon na Guerra dos Sete Anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Profesor na Universitat de Lleida, traballou como avogado laboralista. Ingresou na Unió Democràtica de Catalunya (UDC) en 1974 e presidiu o Comité de Goberno entre 1982 e 1984, e a partir de 1987. Deputado de Convergéncia i Unió (CiU) no Congreso en diversas lexislaturas (1982, 1986 e 1989), foi tamén deputado no Parlamento Europeo (1986-1987), vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiana (1993-1998), e dende 1992, deputado no Parlamento de Catalunya. Foi conselleiro de Governació i Relacions Institucionals (1999-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, investigador e director de audiovisuais. Diplomado en Maxisterio e licenciado en Ciencias da Educación. Traballou no eido educativo como técnico en planificación educativa e dende 1972 dedicouse aos estudios históricos e sociolóxicos. Recibiu unha bolsa da Universidad de Madrid e outra do Instituto Nacional de Perspectiva y Desarrollo Económico. As súas investigacións centráronse no estudo da sociedade galega, do agrarismo e dos poderes locais. Colaborou, entre outras publicacións, en A Nosa Terra, Boletín da Real Academia Galega, Estudios de Historia Social, Triunfo, Tiempo de Historia e La Voz de Galicia. No eido audiovisual, dirixiu, produciu e escribiu o guión dos vídeos Republicanismo histórico coruñés: 1868-1936 (2001?) e Triunfo y tragedia de los Casares: de La Coruña al escenario universal (2001?). Entre as súas obras destacan Agrarios del minifundio: la prensa agraria, 1900-1912 (1975), Agrarismo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marchante e mecenas, primeiro barón Duveen of Millbank. Dende 1886 traballou na empresa familiar Duveen brothers dedicada ao comercio da arte. Foi o responsable, entre outras, das coleccións de Henry C. Frick e John D. Rockefeller. Financiou novas salas de exposicións, entre outras institucións na National Gallery, na Tate Gallery e no British Museum; neste último depositou os mármores de Elgin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Destacado concertista, foi discípulo de W. A. Mozart. O seu estilo situouse na transición do clasicismo ao romanticismo. Compuxo cantatas, sinfonías, e sonatas e concertos para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo alemán. É autor de numerosos traballos sobre o raquitismo e as súas relacións co cretinismo. A súa achega máis importante á ciencia é o descubrimento en 1880 do axente causante da febre tifoidea, a bacteria patóxena Salmonella typhie; aínda que foi un alumno seu quen a illou e cultivou, anos máis tarde. Algunhas das súas obras máis destacadas son: Die Trhombase (1888), Die Untersuchung des Auswurfs ouf Tuberkelbazillen (1891) e Bakteriologische Wandtafeln (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e dramaturgo. Destacado enxeñeiro, matemático e profesor, foi ministro de Fomento e Facenda. Da súa produción destaca En el puño de la espada (1875), O locura o santidad (1877), En el seno de la muerte (1879), El gran galeoto (1881), Lo sublime en lo vulgar (1890), El hijo de don Juan (1892), Mariana (1892), Mancha que limpia (1895), La duda (1898) e A fuerza de arrastrarse (1905). Membro da Real Academia Española, en 1904 compartiu o Premio Nobel de Literatura con F. Mistral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político peruano. Participou na Guerra de Independencia (1821) e foi elixido presidente en 1851. De política conservadora, promulgou unha lexislación nacionalista oposta ás pretensións inglesas e norteamericanas sobre o guano. Foi derrotado en La Palma por unha revolta liberal (1855). Posteriormente, presidiu o Senado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e decorador alemán. Fillo do xardineiro do elector de Baviera Maximiliano Manuel II, foi enviado por este a París para formarse como arquitecto con G. G. Boffrand. Ao seu regreso, nomeárono arquitecto da corte e director de xardíns. Reordenou o parque da residencia de Nymphenbur e realizou, entre outras obras, a decoración da Residenz de Múnic e o palacio Preysing.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Formouse en Stuggart, Viena e Berlín. Foi director da Stuttgarter Baugewerkeschule (1948) e profesor no Polytechnikum. Entre as súas obras destacan a Marienkirche de Stuggart e a igrexa católica de Tübingen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Avogado dos colexios oficiais de Madrid e València, foi deputado por Madrid en 1844 e por Pontevedra en 1867. Nomeado en abril de 1867 senador vitalicio, foi membro do Consello de Estado e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Escribiu Apuntes para una historia de la legislación española sobre imprenta desde 1840 al presente (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Pesimista e simbolista, foi un renovador da linguaxe e da expresión. Entre outras obras escribiu Simbólicas (1911), La canción de las figuras (1916), Sombras (1920) e Waino (1937).
VER O DETALLE DO TERMO