Durán Iglesias, José Antonio

Durán Iglesias, José Antonio

Escritor, investigador e director de audiovisuais. Diplomado en Maxisterio e licenciado en Ciencias da Educación. Traballou no eido educativo como técnico en planificación educativa e dende 1972 dedicouse aos estudios históricos e sociolóxicos. Recibiu unha bolsa da Universidad de Madrid e outra do Instituto Nacional de Perspectiva y Desarrollo Económico. As súas investigacións centráronse no estudo da sociedade galega, do agrarismo e dos poderes locais. Colaborou, entre outras publicacións, en A Nosa Terra, Boletín da Real Academia Galega, Estudios de Historia Social, Triunfo, Tiempo de Historia e La Voz de Galicia. No eido audiovisual, dirixiu, produciu e escribiu o guión dos vídeos Republicanismo histórico coruñés: 1868-1936 (2001?) e Triunfo y tragedia de los Casares: de La Coruña al escenario universal (2001?). Entre as súas obras destacan Agrarios del minifundio: la prensa agraria, 1900-1912 (1975), Agrarismo y movilización campesina en el país gallego, 1875-1912 (1976), Camilo Díaz Baliño: crónica de otro olvido inexplicable (1990), Crónicas (1971-1986), Historia de caciques, bandos e ideologías en la Galicia urbana. Rianxo 1910-1914 (1972) e Murguía, 1833-1923 (2000). Recibiu o premio do Instituto Nacional del Libro e o Premio Fernández Latorre (1976).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Requejo de Sanabria