Durany Castrillo, José
Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais e internacionais. É membro da Sociedad Española de Métodos Numéricos en Ingeniería, da International Association for Computational Mechanics dende 1990 e da Sociedad Española de Matemática Aplicada dende 1992, sociedade da que foi vicepresidente (1998-2001).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ponferrada