"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

      1. Ser vivo coas características do sexo masculino.

      2. Que ou quen posúe as calidades que se consideran propias do sexo masculino, en especial a forza e a valentía.

      3. Que se amosa valente ante situacións que non requiren tal disposición.

    1. Peza que se introduce ou encaixa noutra que se denomina femia.

    2. Peza metálica que se emprega para facer a rosca na fura dun trade. Utilízase un xogo de tres machos, o do desbaste, o intermedio e o de acabado. Cando a rosca se fai cunha máquina, emprégase un macho único, e outro máis longo cando se fai á man. Para furados grandes e traballos en serie empréganse machos desmontables, de punta radial ou de punta circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero híbrido, da orde dos perisodáctilos, que procede dun cruzamento do burro e a egua ou do cabalo e a burra. A causa da súa gran resistencia e da súa forma, superior ás dos seus proxenitores, é moi empregado para transportar cargas por lugares montañosos, difíciles e arriscados. A súa adaptación aos climas áridos e aos terreos pedregosos fainos insubstituíbles nos lugares secos de predominio minifundista, onde o tractor resulta antieconómico. Tanto o macho como a mula son infecundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Martelo grande que emprega o ferreiro para forxar o ferro.

    2. Banco no que está a engra pequena.

    3. Engra cadrada do ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Doutorouse en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1861). En 1850 converteuse no primeiro catedrático de Historia Natural do Instituto de Santiago. Centrouse no estudo da malacoloxía e entomoloxía e foi o autor do primeiro traballo faunístico dedicado exclusivamente aos moluscos ibéricos de augas continentais. Das súas obras destacan Catálogo de los moluscos terrestres observados en Galicia (1870), primeiro inventario galego destes animais, e Recuerdos de la fauna de Galicia. Insectos lepidópteros en dicha comarca (1893), primeira publicación específica sobre lepidopteroloxía galega. Foi socio fundador da Sociedad Antropológica Española (1865) e da Sociedad Española de Historia Natural (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou en Madrid e participou na ideoloxía da Xeración do 98. Estivo exiliado desde 1937 ata 1952. A súa obra, influenciada por I. Meštrović e A. Bourdelle, tendeu á monumentalidade e á estilización. Realizou obras relixiosas (Cristo de Otero en Palencia), monumentos (Fuente de Concha Espina en Santander e os de Tomás Morales, Ramón y Cajal ou Pérez Galdós en Madrid) e retratos (Miguel de Unamuno en Salamanca).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Piar pegado a unha parede ou incrustado nela para mantela firme e dereita.

    2. Peza vertical que forma o marco lateral dunha porta ou ventá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. maronda.

    2. marimacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade fortificada inca, situada na cima dunha montaña dos Andes peruanos. O seu trazado urbanístico destacou pola súa perfección, dividido en diferentes barrios, cunhas construcións basicamente prácticas excepto o palacio real. Tiña un carácter defensivo. As ladeiras da cidade foron aproveitadas para o cultivo en terrazas escalonadas. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor. Estudiou en Italia onde puido ser discípulo de Michelangelo. O seu estilo amosa o coñecemento de Vitrubio e os teóricos do catrocentos. Fixo o retablo da Santa Cruz na Capilla Real de Granada e o de Santa María de Úbeda, nun estilo manierista. Como arquitecto, atribúeselle o palacio renacentista de Carlos V na Alhambra de Granada, que comenzou en 1527 e continuou o seu fillo, Luis Machuca (?-1570), tamén arquitecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega para machucar pedras de 30 cm ou máis de diámetro, por medio da compresión. As primeiras constan dunha armadura de aceiro onde van montadas dúas mandíbulas, unha fixa e outra móbil, revestidas dunha aliaxe de aceiro extraduro. A mandíbula móbil mediante un movemento alternativo desintegra as pedras. Para producións elevadas empréganse as machucadoras xiratorias, formadas por unha carcasa troncocónica dentro da que se move outra peza, tamén troncocónica, cun movemento de precisión, que comprime as pedras contra a parede interior da carcasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de machucar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exercer presión sobre algo para desfacelo en anacos ou esmagalo.

      2. Desintegrar un sólido, principalmente por compresión, para obter fragmentos de dimensións entre 7 e 10 cm de diámetro.

    1. Apertar ou facer presión contra unha cousa de forma involuntaria.

    2. Golpear a unha persoa ou cousa.

    3. Insistir continuamente en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa con precaución.

    2. Que está mal cocido ou pouco fermentado, especialmente o pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Foi deputado polo Partido Progresista na provincia de Ourense durante o Bie-nio Progresista (1854-1856). Elixido de novo deputado para o período 1858-1863, formou parte da Unión Liberal pero pronto abandonou este grupo e formou parte da minoría progresista. Foi reelixido deputado en 1869 e 1872 e senador durante a lexislatura 1881-1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presentou a súa candidatura en Solidaritat Catalana, o que lle fixo renunciar á súa carreira militar. Colaborou no semanario Renaixement da Unió Catalanista, desde onde impulsou posicións revolucionarias, e como agrupación política radical, formou a Federació Democràtica Nacionalista (1919), pero ao non ser aceptada a proposta de crear un Estado Catalán, disolveuna para crear un novo grupo radical, o Estat Català. Exiliouse despois do golpe de estado de Primo de Rivera (1923-1931). Á volta constituíu Esquerra Republicana de Catalunya, partido que presidiu e co que venceu nas eleccións municipais de 1931. Neste mesmo ano incluíu ao Estat Català na Federación de Repúblicas Ibéricas, aceptou a reconversión do goberno de Catalunya na Generalitat de Catalunya, da que foi presidente ata a súa morte, e participou na elaboración o Estatuto de Autonomía de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante medieval hispánica do antropónimo masculino Matías. Consérvase como apelido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, seis dados de prata, cos seus puntos, postos en dous paos de tres. Outra variante leva escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, cunha árbore de sinople; segundo e terceiro cuartel, de azul, cun castelo, de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, coas landras de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Iniciouse na música de xeito autodidacta, e compuxo a súa primeira obra Poema de réquiem (1979) con texto de Celso Emilio Ferreiro. Participou nos estudios de música electroacústica da Radio Finlandesa (1981) e da Academia de Música de Cracovia (1982). Dos premios que recibiu destacan o da Tribuna Internacional Gaudeamus (1981) por Polifonías I (1980-1981), o Cristóbal Halffter de Composición para Órgano (1983), por Afónica (1983), o da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982), en 1983, e en 1984 por Adieux (1983), e o do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España, (1984) por Nachtmusik III (1983). Taméndestacan as obras Viaje de Invierno (1980-1986) e Lubilaeum (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, escritor, orador e sacerdote. Foi catedrático de Retórica e Psicoloxía no Instituto Jovellanos de Gijón (1883) e de Literatura Preceptiva no instituto de Ourense (1884-1941). Profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Ourense, pertenceu á Real Academia de la Historia, á Real Academia Galega e presidiu a Asociación de Prensa de Ourense e o Ateneo de Orense. Destacou como orador e realizou importantes estudios de investigación histórica, sobre todo no campo da epigrafía e da numismática. En 1898 comezou a publicación do Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, que dirixiu ata a súa morte, e onde colaborou con destacados intelectuais galegos. Publicou, entre outras obras, Epigrafía romana de la ciudad de Astorga (1903), Cronicón de Idacio (1904), Colección de modelos literarios; con un discurso preliminar acerca del Origen y progresos de la lengua castellana (1907), Elementos de literatura preceptiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico.   Publicou diversos artigos en revistas nacionais e internacionais e o libro de xénero didáctico Química General. Programa, cuestiones y prácticas de laboratorio en química general.

    VER O DETALLE DO TERMO