"Marc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 524.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martiño de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 842 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia dos Ánxeles (Boimorto). O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado nas parroquias de Santa Comba de Orizón (Castro de Rei) e Carazo (Pol). O seu cumio acada os 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Gabín (Montederramo) e Queixa (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.239 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Mormentelos (Vilariño de Conso) e Cernado (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.357 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Beariz (Beariz). O seu cumio acada os 939 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no concello de Lugo. O seu cumio acada os 550 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos marcomanos.

    2. Individuo do pobo marcomano.

    3. Pobo xermánico que habitaba os territorios situados entre os ríos Elba e Oder. Combateron os exércitos de Roma e, tralas vitorias de Druso (9-8 a C), emigraron a Bohemia, onde conseguiron o apoxeo do seu poder e estenderon o seu dominio sobre moitos pobos veciños. A partir do s III decaeu a súa importancia e, despois do s VI, refuxiáronse en Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Ferreirúa (A Pobra do Brollón). A fachada data de 1812, aínda que o pazo construíuse no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor e físico italiano. Interesouse polas propiedades e as aplicacións das ondas electromagnéticas e a súa propagación no aire. Utilizando coma emisor un oscilador de Hertz e coma receptor un cohesor de Branly, conseguiu en 1895, en Boloña, a transmisión de mensaxes a pouca distancia, por medio do alfabeto Morse. En 1897 estableceu unha comunicación por medio da telegrafía sen fíos a través da canle de Bristol, dous anos despois comunicou Francia con Inglaterra e en 1901 conseguiuno a través do Atlántico. Tamén estudiou as vantaxes das ondas curtas. Recibiu o Premio Nobel de Física (1909), xunto con Karl Ferdinand Braun, polos seus traballos na transmisión de mensaxes telegráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telegrama que se transmite por telegrafía sen fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do latín Marcus, nome teofórico romano co significado de ‘de Marte, dedicado ao deus Marte’. É avogoso dos meigallos e amansa os bois bravos. San Marcos é patrón dos concellos de Abegondo, Corcubión, Lousame e Trabada, onde o celebran o 25 de abril, e é titular de 4 parroquias. Recibiu este nome o evanxelista san Marcos. Presenta a variante Marco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo bizantino. Bispo de Éfeso (1437), asistiu ao Concilio de Florencia (1438-1439), onde dirixiu a oposición á unión con Roma e non asinou o decreto correspondente. Foi venerado como santo pola Igrexa Ortodoxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Enrique Garcés, colaborou en diversas publicacións, como Álbum Literario, La Cítara, Follas Novas e Galicia. Publicou o volume de poesía Risas y lágrimas (1881) e o drama Por una madre (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político filipino. Foi deputado (1949-1959) e senador (1959-1966), e acadou a presidencia do estado filipino en 1965. Outorgoulle parte do poder á súa esposa Imelda Romuáldez Marcos e instaurou un réxime autoritario. O asasinato do principal dirixente da oposición en 1983, Benigno Aquino, e a expansión da guerrilla comunista e musulmana, obrigárono a convocar eleccións presidenciais en 1986, que gañou Corazón Aquino, o que provocou a súa fuxida a EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Evanxelista. De nome Xoán e de orixe xudía, tomou o nome romano de Marcos como sobrenome. Nos primeiros textos aparece como Xoán Marcos, o que fai crer que era un xudeu que pertencía ao mundo grego. Curmán de san Bernabeu, acompañou a este na viaxe que fixo con san Paulo a Antioquía, Chipre e Asia Menor. Estivo en relación estreita cos apóstolos, especialmente con san Paulo e san Pedro, e segundo a lenda, marchou por mandato de san Pedro a Alexandría, onde fundou unha comunidade cristiá. Máis tarde foi martirizado por unha multitude, que o arrastrou polas rúas cunha corda ao pescozo. A lenda conta tamén que quixeron queimar o seu corpo, pero empezou a chover moito e inundouse todo Exipto. En 828, comerciantes venecianos roubaron o seu corpo e levárono a Venecia, o que provocou a transformación no centro do seu culto. Escribiu o segundo Evanxeo e nos primeiros séculos do cristianismo, o seu Evanxeo considerouse o de san Pedro, porque ao parecer escribírao ao ditado do apóstolo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Roma ? - ?) Papa (336). De nome Prisco, sucedeu a san Silvestre. Atribúeselle un decreto polo que se lle reservaba ao bispo de Ostia o dereito de consagrar o papa. A súa festividade celébrase o 7 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - ? 286) Mártir, irmán de san Marceliano. Ambos os dous foron decapitados durante a persecución de Diocleciano. A súa festivididade celébrase o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurxente mexicano. Foi o principal dirixente e voceiro do Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). Deuse a coñecer con este nome desde a súa primeira comparecencia pública (1994), na selva de Lancadocea (Chiapas), en que denunciaba a precariedade das condicións de vida dos pobos indíxenas do seu país e esixía ao goberno unha inmediata solución ao problema. Oficialmente foi identificado como Rafael Sebastián Guillén Vicente (Tampico, Tamaulipas 19.6.1957), que desapareceu desde 1984. Este personaxe encarna o rexeitamento ao neoliberalismo e á globalización, e simpatiza cos grupos activistas de esquerdas.

    VER O DETALLE DO TERMO