Marcos, subcomandante
Marcos, subcomandante
Insurxente mexicano. Foi o principal dirixente e voceiro do Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). Deuse a coñecer con este nome desde a súa primeira comparecencia pública (1994), na selva de Lancadocea (Chiapas), en que denunciaba a precariedade das condicións de vida dos pobos indíxenas do seu país e esixía ao goberno unha inmediata solución ao problema. Oficialmente foi identificado como Rafael Sebastián Guillén Vicente (Tampico, Tamaulipas 19.6.1957), que desapareceu desde 1984. Este personaxe encarna o rexeitamento ao neoliberalismo e á globalización, e simpatiza cos grupos activistas de esquerdas.