"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • Dignidade e xurisdición territorial do xefe espiritual da Igrexa Rusa. A sé de Moscova foi erixida en patriarcado en 1589, polo patriarca de Constantinopla, Xeremías, na persoa do metropolita Xob. Este feito era a culminación do proceso que levou á formulación, no s XVI, da concepción de Moscova como unha terceira Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procesos celebrados en Moscova en agosto de 1936, en xaneiro de 1937 e en maio de 1938, no que foron xulgados antigos membros do PCUS. Acusados de desviacionismo trotskista, dereitismo, alta traizón e espionaxe, a maioría foron condenados a morte e executados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Moscova, o 5 de agosto de 1963, por EE UU, a URSS e Reino Unido, polo que foron prohibidas as probas nucleares efectuadas na atmosfera, no espazo exterior e baixo o mar, pero non as subterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica onde se desenvolveu o gran ducado ou o gran principado de Moscova (s XIV) e, máis tarde, o estado ruso. Denominouse Moscovia ata o s XVII. Na súa orixe só comprendía a rexión de Moscova e a parte occidental de Suzdal. No s XIII, Suzdal, atacada polos mongois, dividiuse nunha serie de principados autónomos, entre os que destacou o de Moscova. Era pobre, chea de bosques e rodeada de zonas pantanosas, pero estaba situada nun lugar estratéxico. A súa pobreza salvouna da conquista por parte dos mongois, e este feito atraeu inmigrantes campesiños e mercadores, que fuxían do Volga medio. Os mongois, que lles impuxeron un tributo e que preferiron entenderse cun só responsable da recadación, recoñeceron a preponderancia de Moscova e o título de gran príncipe a Iván (1328). Ao caer Constantinopla (1453), Iván III considerouse o herdeiro do imperio e deixou de recoñecer a autoridade dos mongois (1480). Iván IV o Terrible continuou a expansión de Moscovia e tomou o título...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época do Carbonífero mariño ruso, situado sobre o Baxkiriano e baixo o Kasimoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Moscoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Moscova ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Moscova.

    1. Filosilicato de aluminio, potasio e fluor, de fórmula KAl 2 Si 3 AlO 10 (OH,F) 2 . Pertence ao grupo das micas e cristaliza no sistema monoclínico. É incolora, con lixeiras pátinas de cor verde, gris ou marrón. Ten unha dureza de entre 2,5 e 4, e unha densidade de 2,8-2,9. OBS: Tamén se denomina mica branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rabino. É autor dunha tradución anotada e comentada da Biblia, denominada a Biblia de Alba (1422-1430).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e médico. Coñecido como Maimónides, Rambam no xudaísmo e Abū Imram Mūsà ibn Maymūn na literatura árabe, exiliouse de Al-Andalus pola intolerancia almohade e residiu en Fez (1660), Palestina (1165) e Exipto,onde foi cabeza das comunidades xudías. Máis alá da súa vasta produción médica e científica, destacou a súa Dalālat al-ha’irīn (Guía dos perplexos, 1190), que constituíu a obra teolóxica máis completa do xudaísmo rabínico, encamiñada a resolver a aparente contradición entre filosofía e relixión. Xulgada como racionalista polo xudaísmo ortodoxo, desencadeou fortes controversias e influíu notablemente na escolástica, sobre Alberte Magno e Tomé de Aquino. Como especialista no Talmud, escribiu Kitāb al-sira Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ǧ (Libro da elucidación, 1168), un comentario da Miš e a codificación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e perceptista xudeu. É autor de numerosas poesías relixiosas e profanas, dunha forte influencia árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Creador da espectroscopia dos raios X, relacionou as liñas deste espectro coa estrutura electrónica dos átomos de aqueles elementos que utilizaba como anticátodo, e así puido confirmar na táboa periódica de Medelejev a existencia de lagoas correspondentes aos números 43, 61 e 75. A súa técnica fixo posible o descubrimento de novos elementos, como o hafnio e o renio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei segundo a que a frecuencia v das líneas dos espectros de emisión ou absorción de raios X dos elementos químicos é v = KZ2, sendo K unha constante e Z o número atómico. Esta lei, que demostrou que o número atómico dun átomo era igual ao de electróns que envolven o núcleo, pódese deducir da teoría do átomo de Bohr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Lorena, Francia (6.216 km2; 1.023.447 h [1999]). A súa capital é Metz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Francia e de Alemaña, afluente do Rin pola esquerda (550 km). Nace en Bussang, na vertente occidental dos Vosgos, entre Ballon de Alsacia e Ballon de Guebwiller. En Épinal deixa Os Vorgos e flúe cara ao N encaixado nos altiplanos calcáreos de Lorena, extremo NL da conca de París. Pasa por Metz e Thionville, e o seu val convértese no gran centro da industria siderúrxica de Lorena. Despois do sector fronteirizo entre Luxemburgo e Alemaña, recibe o Saar pola dereita e o Sauer pola esquerda pouco antes de Trier. Drena Renania-Palatinado e fai numerosos meandros, entre o Eifel, no N, e Hunsrück, no S, ata que desauga no Rin en Koblenz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Porriño baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Vicedo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Larín (Arteixo). Ten planta en L, con muros de cachotaría. Como elemento de cantaría destaca un balcón e un patín que dá acceso á vivenda desde un patio interior. Conserva hórreo e alpendres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta estadounidense. Especialista na proba dos 400 m valados, permaneceu imbatido durante dez anos (1977-1987). Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Montréal (1976) e Los Angeles (1984), a medalla de bronce en Seúl (1988), e foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e en Roma (1987). A súa marca mundial estivo vixente ata 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aca que segue a dar leite despois de separala da cría.

    VER O DETALLE DO TERMO