Moses, Edwin Corley

Moses, Edwin Corley

Atleta estadounidense. Especialista na proba dos 400 m valados, permaneceu imbatido durante dez anos (1977-1987). Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Montréal (1976) e Los Angeles (1984), a medalla de bronce en Seúl (1988), e foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e en Roma (1987). A súa marca mundial estivo vixente ata 1992.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dayton, Ohio