Mosĕ ben Maimon

Mosĕ ben Maimon

Filósofo e médico. Coñecido como Maimónides, Rambam no xudaísmo e Abū Imram Mūsà ibn Maymūn na literatura árabe, exiliouse de Al-Andalus pola intolerancia almohade e residiu en Fez (1660), Palestina (1165) e Exipto,onde foi cabeza das comunidades xudías. Máis alá da súa vasta produción médica e científica, destacou a súa Dalālat al-ha’irīn (Guía dos perplexos, 1190), que constituíu a obra teolóxica máis completa do xudaísmo rabínico, encamiñada a resolver a aparente contradición entre filosofía e relixión. Xulgada como racionalista polo xudaísmo ortodoxo, desencadeou fortes controversias e influíu notablemente na escolástica, sobre Alberte Magno e Tomé de Aquino. Como especialista no Talmud, escribiu Kitāb al-sira Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ǧ (Libro da elucidación, 1168), un comentario da Miš e a codificación xurídica do Talmud Mišné Torà (A máis forte, 1180).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Córdoba

  • Deceso

    Lugar : Fust&#