Populonia

Populonia

Cidade etrusca situada preto do actual lugar homónimo na provincia de Livorno, en Toscana (Italia). Grazas á súa posición de porto de escala do comercio do ferro, chegou a ser, a partir do s VI a C, un núcleo próspero de poboación moi vinculada a Grecia. En tempos de Sula comezou a súa decadencia.